
INICIACIÓN AO FLAMENCO
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
DOCENTE: Ainhoa Linaza
Bailaora profesional de Flamenco e Danza Española e pedagoga licenciada, especializada en Danza Educativa Social e para a Saúde con máis de 13 anos de experiencia. Dirixe desde o ano 2020 a súa propia escola de flamenco, que alternou en formato presencial en Madrid, e en liña e presencial en Galicia.
Traballou en compañías como Joaquín Cortés, Ballet Flamenco Español, Mucha Muchacha. En 2021 estrea a súa primeira peza curta, finalista en Ourense Fervescénica 2022.
Actualmente é profesora de danza na Universidade de Vigo, Ourense; A Morada Cooperativa, Vigo; Espacio Muma de Ourense, entre outros. Onde desenvolve proxectos que relacionan o flamenco co baile social e a enerxía feminina.
Ainhoa Linaza Bao
http://www.ainhoalinazaflamenco.com
DESTINATARIAS
Amantes da danza, do movemento, do ritmo e do flamenco. Non é necesario ningún coñecemento previo.
NECESIDADES
Trae roupa cómoda e, se é posible, unha saia acampanada e zapatos ben apoiados con un pouco de elevación do talón. E ganas! moitas ganas!
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.




