
SASHIKO REMENDO
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Neste obradoiro aprenderás os puntos básicos de bordado sashiko.
Tamén realizaremos un parche para zonas desgastadas ou rotas e veremos
como reforzalo co bordado sashiko.
MATERIAL INCLUÍDO
- bolsiña de tela.
- mostra de tecido, fíos e agullas para traballar.
- libriño con instruccións.
DOCENTE: Io Morales Sánchez
O meu nome é Io, son artista e deseñadora téxtil e vivo en santiago de compostela. “io, obradoiro téxtil” é o meu proxecto persoal. Estudei escultura na escola mestre mateo. ao pouco de acabar, descubrín o arte téxtil e fiquei namorada das posibilidades que técnicas tan comúns como o tricó e o croché podían ofrecer ás artes plásticas. Por causa da miña paixón polo feito a man e o cotián acabei por me profesionalizar nestas ramas do téxtil, sendo agora mesmo obradoiro artesá dentro de artesanía de galicia. ademáis, nestes 2 últimos anos dedicín especializarme tamén en bordado, en concreto na técnica de recheo e punto matiz.
DESTINATARIAS
Persoas con gusto e ganas polo traballo artesá e manual.
NECESIDADES
Mans
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.






