TWERK!

  • Impartido por: Álex

  • Duración: 1,5h

  • Horario:

    de 16:00 a 17:30 COMPLETO

    de 18:00 a 19:30 HAI PRAZAS

  • N.º de prazas: 15

  • Prezo: 25€

  • Data: sábado 14 de decembro de 2024

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Obradoiro de técnica e coreografía twerk. Procedemos a un quecemento, activación física mediante reforzo muscular, estiramentos e traballo enfocado na apertura de cadeiras. Ademais, procédese a unha explicación teórica para entender mellor o corpo e a súa función no twerk e desenvolver a consciencia corporal. Practicamos as bases grazas a rutinas para poder realizar ao final unha coreografía. O obradoiro consta dunha charla que inclúe unha reflexión sobre os corpos, a sociedade, as orixes do twerk e a súa execución.

DOCENTE: Álex

Son Alex, docente de twerk ademais de danza contemporánea. Formeime en Francia e en España para poder desenvolver a miña esencia tanto como bailarina como docente.
@_alexpnr

DESTINATARIAS

Amantes da danza, do movemento, do ritmo. Idade mínima 16 anos ata 99 anos. Non é necesario ningún coñecemento previo.

NECESIDADES

Roupa cómoda como chándal ou short fluído (non usar mallas nin roupa apertada)

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: