PASTA FRESCA

  • Impartido por: Mojar

  • Nivel: Iniciación

  • Duración: 3,5h

  • Horario:

    Turno de mañá: de 10:00h a 13:30h

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición: 55€

  • Datas: 15 de marzo de 2025

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Durante esta clase empezaremos a entender os fundamentos de facer pasta. Coa intención de enseñar a facer pasta sen maquinaria, enfatizando o seu carácter visceral e adquirindo técnicas sinxelas.

PROGRAMA

Si ben este é un obradoiro corto de nivel de iniciación, será moi intenso xa que daremos a coñecer os fundamentos da pasta. Para iso, aprenderemos a facer dous tipos de pasta unha delas utilizando só fariña e auga, como Orecchiette (‘orelliñas’) que provén do sur de Italia e a outra utilizando fariña e ovo, como Pappardelle.

As nosas clases teñen a intención de amosar cómo facer pasta sen maquinara para enfatizar a súa procedencia visceral e a súa conexión co corpo e tamén axudarnos a adquirir técnicas sinxelas que sexamos capaces de reproducir na casa.

Unha vez terminemos, compartiremos as nosas creacións ao rededor da mesa.

DOCENTE: Mojar

Louie e Pilar de Mojar – https://instagram.com/mmmojar

DESTINATARIAS

Todas aquelas persoas interesadas en aprender unha nova técnica culinaria. Non se precisa experiencia previa. Maiores de 18 anos.

MATERIAIS INCLUÍDOS

Todos os materiais están incluidos

NECESIDADES

Debes traer un delantal ou roupa que non te importe manchar.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: