
BORDADO SOBRE PENEIRA
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Este obradoiro consta de dúas partes: na primera metade practicaremos sobre un muestrario 3 puntos básicos de bordado (punto atrás, rosetón e nudo francés) e 2 puntos con volumen. Unha vez familiarizados co manexo de agulla e fío sobre o muestrario a continuación e coa axuda dunha plantilla realizaremos eses mismos puntos xa na rede da peneira conformando o debuxo floral final.
DOCENTE: Luz Álvarez
DESTINATARIAS
Persoas maiores de 16 anos.
PRAZA CON ACCESO INCLUSIVO
En Unitaria, en colaboración coa profesora Luz Álvarez, ofrecemos unha Plaza Social: 1 praza reservada e gratuíta para persoas en risco de exclusión social demostrable (discapacidade, diversidade funcional, desemprego, baixos ingresos, mulleres en situación monoparental, etc.).
Unitaria é un espazo multidisciplinar comprometido coa formación e a creatividade, buscando sempre abrir portas e crear oportunidades. Luz Álvarez, recoñecida profesional no seu ámbito, impulsa esta iniciativa para achegar coñecemento e ferramentas a aqueles que máis o precisan.
Se estás interesado/a ou coñeces a alguén que poida beneficiarse desta oportunidade, non dubides en poñerte en contacto connosco. Queremos que a creatividade e o coñecemento cheguen a todas partes.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
- Inclúe peneira e todos os materiais necesarios para o bordado.
- Levarán a súa peneira bordada para casa.
NECESIDADES
Non é necesaria experiencia previa, pero si traer moitas ganas de pasalo ben 🙂
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.


