XESTIONANDO VISUAIS CON MAX FOR LIVE

  • Impartido por: Marta Verde

  • Duración: 5h

  • Horario: de 10:00h a 15:00h

  • N.º de prazas: 12

  • Cuota de inscrición: 75€

  • Data: 24 de maio de 2025

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Aprende a xerar visuais audioreactivos sincronizados con Ableton Live empregando Max for Live, Jitter e AVToolbox. Dirixido a músicos e produtoras con pouca ou ningunha experiencia en programación visual.

PROGRAMA

Introdución e fundamentos

Introdución a Max for Live:
– Que é e como se integra con Ableton Live.
– Exploración de obxectos básicos e fluxo de datos en Max.

Introdución a Jitter e OpenGL:
– Exploración de obxectos de Jitter para traballar con gráficos 2D e 3D.
– Introdución ao pipeline de OpenGL para crear formas, animacións e escenas visuais dinámicas.

Traballo con arquivos externos:
-Uso de obxectos de Jitter para cargar e manipular vídeos en tempo real.

Exercicio práctico:
Crear unha escena visual básica combinando gráficos xerativos e ficheiros de vídeo.

Integración avanzada e aplicación práctica

Uso da libraría AVToolbox:
– Introdución á libraría e as súas ferramentas para gráficos audioreactivos.
– Conectar sinais de audio e parámetros a gráficos en tempo real.

Integración co Live Object Model (LOM):
– Introdución ao LOM para interactuar con pistas, clips e dispositivos de Ableton Live.
– Automatización de parámetros visuais a través de controis de Live.

Preparación para performances:
– Creación de interfaces sinxelas e funcionais con Presentation Mode.
– Freezing e optimización de dispositivos para compartición e uso en directo.

Exercicio final:
Desenvolver un dispositivo funcional de Max for Live que inclúa gráficos audioreactivos e un interface optimizado para performances en directo.

Obxectivos do Obradoiro:
Comprender os fundamentos de Max for Live, Jitter e OpenGL, creando unha escena visual básica.
Integrar audio, parámetros de Ableton Live e ferramentas de AVToolbox para desenvolver un sistema audiovisual completo.

DOCENTE: Marta Verde

Marta Verde Baqueiro, Max Certified Trainer, artista visual e profesora contratada en Berklee College of Music.
http://www.martaverde.net
http://www.instagram.com/martaverdebaqueiro
https://cycling74.com/certified-trainers/marta-verde

DESTINATARIAS

Músicas, produtoras, e artistas interesadas en integrar visuais dinámicos nos seus directos. Público con coñecementos básicos de Ableton Live, pero sen experiencia previa en Max ou Jitter

MATERIAIS INCLUÍDOS

Plantillas preconfiguradas en Max for Live.
Exemplos prácticos e recursos audiovisuais.
Acceso a material didáctico e referencias adicionais.

NECESIDADES

Ordenador portátil con Ableton Live Suite (incluíndo Max for Live).

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: