
MÁSCARAS DE ENTROIDO
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Obradoiro práctico de creación de máscaras carnavalescas empregando materiais variados e técnicas diversas. A través da experimentación con formas, cores e texturas, cada participante terá a oportunidade de deseñar e elaborar a súa propia máscara, personalizándoa ao seu gusto. Un espazo de creatividade e diversión para prepararse para o Entroido cunha peza única feita a man.
PROGRAMA
Taller matutino cun enfoque totalmente práctico, no que cada persoa aprenderá diferentes técnicas de confección e decoración de máscaras. Desde o modelado ata a pintura e os acabados, exploraremos opcións clásicas e innovadoras para que cada participante saia do obradoiro coa súa máscara totalmente rematada e lista para lucir no Entroido.
DOCENTE: J. Méndez
J. Méndez – Pitelos é un artista compostelán cunha ampla traxectoria que abrangue desde a pintura ata o mundo audiovisual, pasando pola escultura, a fotografía e o happening. Fundador do grupo F.O.GA., explorou múltiples disciplinas artísticas por toda a xeografía española antes de regresar a Santiago para crear unha empresa dedicada á arte efémera. No 2002 retoma a pintura reinterpretando mitoloxía grega en escenarios contemporáneos, e desde entón participou en exposicións como Contos Dixitais, Ovo Vitae ou Santiago Marítimo. A súa técnica, baseada no óleo descrito no século XV por Cennino Cennini, aplícase sobre diversos soportes como lenzo, madeira ou PET, mantendo sempre unha identidade artística singular.
DESTINATARIAS
Para todos os públicos
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Mascaras neutras e materiais variados para facer que sexan cómodas e divertidas.
NECESIDADES
Non é necesaria experiencia previa, pero si traer moitas ganas de pasalo ben 🙂 Se tal, roupoa que se poda manchar.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.