A TÚA XOIA ÚNICA EN CERA PERDIDA

  • Impartido por: Delia Esperante (MAUVE)

  • Nivel: Iniciación

  • Duración: 3h

  • Horario:

    Turno de mañá: de 10:00h a 13:00h

  • N.º de prazas: 8

  • Cuota de inscrición: 73€ (unha peza de prata incluída)

  • Datas: 12 de abril de 2025

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Esta técnica, utilizada por primeira vez arredor do 4000 a.C., consiste no tallado e modelado en cera, permitindo crear pezas de múltiples estilos dun xeito sinxelo e manual, ademais de adaptarse a todo tipo de pezas de xoiería.

Os materiais que empregaremos neste obradoiro son ceras específicas de microfusión, algunhas das cales teñen unha consistencia similar á plastilina, polo que darlles forma é moi sinxelo e divertido.

PROGRAMA

Obxectivos:

  • Descubrir a técnica ancestral da cera perdida, empregada na xoiería dende hai máis de 4.000 anos.
  • Aprender a modelar e tallar cera específica de microfusión para crear pezas únicas.
  • Experimentar con ferramentas e técnicas para dar volume e textura ás xoias.
  • Coñecer o proceso de fundición e o valor da reutilización de metais.

️ Contidos:

1. Introdución á técnica da cera perdida

  • Historia e usos na xoiería.
  • Exemplos de xoias feitas con esta técnica.

2. Modelado e creación de deseños

  • Uso de ceras de diferentes consistencias.
  • Emprego de ferramentas para dar forma, textura e volume.
  • Uso de plantillas para explorar diversas formas.

3. Soldadura e manipulación da cera

  • Aplicación de soldadores de cera de baixa temperatura (60ºC).
  • Reparación de posibles roturas e experimentación con texturas únicas.

4. Da cera ao metal: o proceso de fundición

  • Explicación do proceso que se realiza no obradoiro.
  • Opcións de materiais: latón ou prata reciclada.
  • Impacto da reciclaxe na xoiería: a reutilización de metais.

5. Finalización e entrega das pezas

  • Cada participante poderá recoller a súa xoia finalizada nun prazo de tres semanas.
  • Reflexión sobre o proceso e posibilidade de continuar explorando a técnica.

DOCENTE: Delia Esperante Ingelmo

Delia Esperante Ingelmo naceu en 1991 na cidade da Coruña, onde iniciou os seus estudos en deseño e coordinación de moda. Pouco despois de finalizalos, decidiu ampliar os seus horizontes formándose en Xoiería Artística.

Nestes estudos descubriu unha das súas maiores paixóns: crear xoias de forma artesanal, combinando deseño e valores.

No ano 2021 fundou a súa propia marca, Mauve, un espazo onde dá liberdade á súa creatividade, sempre mantendo un compromiso co medio ambiente.

A súa inspiración nace da arte, o cine e a natureza, elementos que dan vida tanto ás coleccións como aos encargos personalizados.

mauveconcept.com

DESTINATARIAS

Persoas interesadas na xoiería artesanal, o deseño e as técnicas manuais, sen necesidade de experiencia previa.

MATERIAIS INCLUÍDOS

Ceras de microfusión con diversos acabados e grosores. Un amplo surtido de ferramentas para crear volumes, texturas e distintos acabados. Ademais, incluirei un breve folleto onde se describe a actividade. Tamén levarei varias pezas de mostra para que o alumnado poida ter referencias visuais e exemplos.

NECESIDADES

Moitas ganas de aprender e pasalo ben.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: