FINANCIAMENTO DE PROXECTOS: ESTRATEXIAS E RECURSOS

  • Impartido por: Diego V. Meizoso

  • Duración: 8h

  • Horario: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

  • N.º de prazas: 18

  • Cuota de inscrición: 80€

  • Data: 24 de xaneiro de 2026

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Obradoiro teórico práctico enfocado a actualizar e ampliar a visión e os coñecementos das persoas asistentes arredor da busca de financiamento para os seu proxectos culturais, sociais, educativos…

PROGRAMA

FINANCIAMENTO PRIVADO.

PATROCINIO
Que á RSC-RSE?
Tipos de patrocinio
Claves para elaborar un dossier de patrocinio
Que buscan as empresas?
Mapeo de empresas galegas
Contraprestacións coa marca

FINANCIAMENTO PÚBLICO.

ÁMBITO NOMINATIVO

Tipos de financiamento nominativo
Claves para o deseño dun proxecto susceptible de ter financiamento nominativo
Como presentar un proxecto a unha AAPP
Xustificación

ÁMBITO DE CONCORRENCIA COMPETITIVA

Mapeo de convocatorias
Como rastrear unhas bases reguladoras
Tips para a adaptación do teu proxecto a convocatorias específicas
Como elaborar un dossier
Xustificación

INTERINSTITUCIONALIDADE

Estratexias para a colaboración entre AAPP no ámbito do financiamento.

OS “FONDOS ESCONDIDOS”

Como atopar financiamento noutras AAPP e entidades públicas e privadas.

DOCENTE: Diego V. Meizoso

Xestor e consultor cultural con 15 anos de experiencia no sector cultural na Administración Pública, sector privado e terceiro sector. Xerente de Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas), coordinador do proxecto interterritorial Camiño Escena Norte, docente e titor de proxectos no CEUXIC (Curso de Experto Universitario en Xestión e Innovación Cultural) da USC.

www.escenagalega.gal
www.escenanorte.com
www.edu.xestioncultural.com

DESTINATARIAS

Xestoras e xestores de proxectos culturais, sociais, educativos dende o ámbito privado e ou asociacionismo.

MATERIAIS INCLUÍDOS

Todos os recursos e referencias que se impartan na actividade.

NECESIDADES

Moitas ganas de aprender e pasalo ben.

Cancelación por parte do alumnado:

– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.

– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.

– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.

– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.

– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.

Cancelación por parte de Unitaria:

Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: