
CINEMATOGRAFÍA EN DOCUMENTALES: ESTILO & TÉCNICA
INSCRICIÓN: fai click no seguinte botón para redirixirte á plataforma da ESCAC
DESCRICIÓN
Explora as decisións técnicas e estéticas que constrúen a ollada do cinema documental:
-
desde a elección do equipo e a iluminación en contornos non controlados,
-
até a composición, o movemento de cámara, a cor e a iluminación como ferramentas narrativas.
A través da análise de obras históricas e contemporáneas, estudos de caso e exercicios de observación en contornos reais, aprenderás a deseñar unha proposta visual coherente, estética e ética para proxectos documentais de diversa escala.
OBXECTIVOS DO CURSO
Coñecementos
-
Comprender os fundamentos técnicos que condicionan a captura da imaxe documental en diferentes contextos.
-
Analizar o impacto das decisións estéticas na construción narrativa e emocional do documental.
-
Entender a convivencia do footage que xeramos co footage de arquivo.
-
Analizar o tratamento das fotografías, carteis ou outra documentación fotografada no filme.
-
Estudar obras clave para identificar estilos, técnicas e enfoques de dirección de fotografía no cinema documental.
-
Fomentar unha ollada crítica e ética sobre o uso da imaxe no documental, atendendo ás súas dimensións sociais e culturais.
-
Desenvolver a capacidade de observación para aplicar conceptos teóricos no deseño visual de proxectos documentais.
Coñecementos específicos
-
Coñecer o desenvolvemento histórico e as principais correntes estéticas na dirección de fotografía documental.
-
Identificar técnicas e tecnoloxías aplicadas á fotografía documental en contornos reais e non controlados.
-
Comprender o uso narrativo da composición, movemento de cámara, cor e iluminación no documental.
-
Recoñecer o papel ético e social da imaxe na construción do relato documental.
Habilidades
-
Analizar criticamente producións documentais desde a óptica técnica e estética.
-
Aplicar conceptos teóricos para planificar a proposta visual dun documental.
-
Desenvolver a capacidade de observación detallada do contorno para detectar oportunidades visuais e narrativas.
Competencias
-
Deseñar estratexias visuais coherentes co contido e coa intención ética de proxectos documentais, aplicables na produción audiovisual profesional.
-
Integrar coñecementos técnicos e estéticos para resolver problemas en rodaxes e producións en contornos reais.
-
Comunicar ideas e propostas visuais con claridade e fundamento teórico, facilitando a colaboración en equipos creativos e de produción.
Requisitos previos
Recoméndase que as persoas asistentes teñan coñecementos básicos de linguaxe audiovisual e unha familiaridade xeral co cinema documental. Non se requiren habilidades técnicas avanzadas de cámara ou iluminación, xa que o enfoque é principalmente teórico.
Bloques temáticos
-
Bloque 1: Historia e evolución da dirección de fotografía no cinema documental
Percorrido breve polas correntes estéticas e técnicas desde os pioneiros até o documental contemporáneo.
-
Bloque 2: Técnicas e ferramentas de captación en contornos non controlados
Equipos, formatos, iluminación natural e artificial, e o seu impacto na estética documental. Introdución ao manexo e tratamento técnico do arquivo audiovisual e fotográfico.
-
Bloque 3: Composición e movemento de cámara no documental
Principios de encadre e dinamismo visual para potenciar e soster o relato.
-
Bloque 4: Cor e iluminación como elementos narrativos
Estudo da cor e da luz na construción do ton e da atmosfera do documental. Analizarase como a corrección de cor e o tratamento da imaxe de arquivo complementan a narrativa audiovisual.
-
Bloque 5: Análise de casos e estéticas relevantes
Estudo de obras icónicas e contemporáneas para extraer ensinanzas técnicas e conceptuais sobre a dirección de fotografía.
-
Bloque 6: Ética e ollada crítica na fotografía documental
Reflexións sobre o rol da directora de fotografía na representación de realidades e suxeitos. Debaterase tamén a ética na selección, tratamento e uso da imaxe tanto xerada como de arquivo.
-
Bloque 7: Observación práctica
Paseos e exercicios de observación para adestrar a ollada crítica e a sensibilidade visual.
Avaliación acreditativa dos aprendizaxes
-
Avaliación continua (50%): participación activa nas clases e en exercicios prácticos semanais.
-
Traballo final (50%): proposta de dirección de fotografía para un proxecto documental (ficticio ou real), fundamentada nos conceptos aprendidos durante o curso.
Fontes de información básica
-
La dirección de fotografía y la dirección de arte en el documental Guerrero. La cabeza entre las manos – Ler
-
La fotografía en el cine documental: un acercamiento teórico – Ler
-
Susan Sontag – Sobre a Fotografía
-
Erik Barnouw – Documentary: A History of the Non-Fiction Film (1993) – Internet Archive
-
Bill Nichols – Introduction to Documentary (2ª ed., 2001) – Internet Archive / kufunda.net
-
Patricia Aufderheide – Documentary Film: A Very Short Introduction (2007) – Google Books
-
Michael Renov – The Subject of Documentary (2004) – Scribd
-
Jack C. Ellis e Betsy A. McLane – A New History of Documentary Film (2012) – Bloomsbury Publishing
-
Revista Caimán Cuadernos de Cine – artigos e entrevistas
-
Revista Camera & Light – artigos e entrevistas
DOCENTE: Alicia Francés

Financiado por: Ministerio de Cultura, ICAA e Fondos Next Generation da Union Europea.

Cancelación por parte do alumnado:
– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.
– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.
– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.
– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.
Cancelación por parte de Unitaria:
Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.