
READY TO ACT
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Un adestramento secuenciado para intérpretes e director@s, que desenvolve: a dispoñibilidade do corpo, a agudeza da observación e a apertura ao xogo.
PROGRAMA
Obxectivos do adestramento
-
Ampliar a escoita do corpo.
-
Aumentar a conexión co impulso interno e a capacidade de intuición e xogo.
-
Practicarlle o compromiso á regra do xogo e a dispoñibilidade emocional a partir dos estímulos que xorden.
-
Apropiarse do estar presente “momento a momento”, “aquí e agora”. Entendelo e detectalo.
-
Aceptar a arbitrariedade natural do carácter das emocións.
-
Detectar os límites e os prexuízos propios que xorden ante o xogo.
-
Potenciar o pracer do xogo.
-
Aprender a mirar, escoitar e extraer conclusións para desenvolver o traballo.
-
Practicar a detección das particularidades e achegas das e dos intérpretes como parte do proceso creativo.
-
Mellorar a comunicación co elenco con máxima precisión e operatividade.
Proposta do curso
Propoñoche este curso para que experimentes máis alá dos recursos habituais e saias dos teus terreos interpretativos coñecidos.
Está creado para intérpretes e director@s, co obxectivo de:
-
Compartir un espazo de adestramento con exercicios que esperten a vixilancia do corpo.
-
Crear situacións escénicas deseñadas para explorar novos camiños.
-
Xerar un espazo de encontro cunha linguaxe común, unha especie de ágora práctica onde intérpretes e director@s poidan reflexionar sobre o propio proceso e coñecer o do outro.
Quen interpreta traballa a dispoñibilidade emocional como base da disciplina actoral.
Quen observa adestra a atención plena, accedendo así ambos ao seu fluxo creativo ilimitado.
Resultados
-
Intérpretes → acadarán unha actuación con maior ductilidade, libre de prexuízos e chea de detalle.
-
Director@s → afinarán a observación, comprenderán mellor os marcos que estimulan o xogo actoral e aprenderán a dar feedback claro e preciso, ofrecendo unha dirección que inspira e acompaña con eficacia.
Filosofía
Do mesmo xeito que un atleta ou unha música adestran cada día, este curso propón exercitar a nosa disciplina e contribuír a un teatro vivo, onde o diálogo entre dentro e fóra da escena se sosteña en conexión e retroalimentación.
DOCENTE: Nuria Legarda
Creadora escénica, coreógrafa e investigadora teatral europea, Nuria Legarda desenvolve un traballo auténtico, visceral e distintivo. A súa práctica nace na intersección entre teatro e danza, en diálogo coas artes visuais. A través da dramaturxia do corpo e da imaxe explora o comportamento humano, convidando a pensar a sociedade como extensión dos procesos internos individuais. A súa traxectoria combina produción e investigación, á vez que crea coreografías teatrais e exerce como docente no Institut del Teatre de Barcelona e noutras prestixiosas escolas europeas de artes escénicas.
DESTINATARIAS
Dirixido a intérpretes: actores e actrices, bailarin@s e director@s profesionais, con interese na actuación e en continuar aprendendo desde a práctica.
MATERIAIS INCLUÍDOS
Todos os recursos e referencias que se impartan na actividade.
NECESIDADES
Moitas ganas de aprender e pasalo ben.
Cancelación por parte do alumnado:
– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.
– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.
– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.
– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.
Cancelación por parte de Unitaria:
Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.






