VIÑO E VINAGRE, FROITAS DE OUTONO

  • Impartido por: Soledad Saburido Álvarez

  • Nivel: Iniciación

  • Duración: 3h

  • Horario: de 16:00h a 19:00h

  • N.º de prazas: 12

  • Cuota de inscrición: 60€

  • Datas: 15 de novembro de 2025

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Elaboración caseira de viños xoves e vinagres de froitas e herbas, empregando a fermentación salvaxe.

PROGRAMA

Hora 1 – Benvida

Introdución á fermentación: tipos, características e exploración sensorial.

Revisaremos os materiais necesarios e algúns datos técnicos básicos.

Hora 2 – A fermentación alcohólica

Uso e aproveitamento da froita de tempada para elaborar bebidas fermentadas con máis ou menos gas, e exploraremos como prolongar o proceso cara unha fermentación acética para crear vinagres variados e aromáticos.

  • Elaboración de dúas bebidas fermentadas ao gusto.

  • Inicio dun vinagre artesanal.

Hora 3 – Peche e degustación

Rolda de preguntas e degustación de distintos tipos de fermentos.

DOCENTE: Soledad Saburido

Doutora en Bioloxía Vexetal que tras vivir unha década en México, voltei para expandir aquí as marabillas do meu proxecto educativo independente, Fermentos Da MEIGA. Namorada da transmisión de tradicións a través de sementes, alimentos e plantas.
https://www.linkedin.com/in/fermentosdameiga/
https://www.instagram.com/fermentosdameiga/

DESTINATARIAS

Público en xeral. Esta actividade está dirixida a calquera persona, preferiblemente maiores de 16 anos.

MATERIAIS INCLUÍDOS

Utensilios de cociña (táboa, coitelo, bowl, frascos, etc), ingredientes para as preparacións, receitas e manual en PDF dixital.
Cada participante leva os fermentados que elabore para casa.
Exploración sensorial e cata de fermentos.

NECESIDADES

Debes traer un delantal ou roupa que non te importe manchar.

Sempre, estar cómoda para traballar en cociña e con alimentos.
Libreta e boli.
Mente e corazón abertos para novas texturas, aromas e sabores.
Se teñen na casa botes de vidro con tapa, sempre son benvidos.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: