CULTIVAR COGOMELOS COMESTÍBEIS E MEDICINAIS NA CASA

  • Impartido por: Micocultores

     (será impartido en portugués)

  • Duración: 3,5h

  • Horario: de 16:00h a 20:00h cun descanso de 30´

  • N.º de prazas: 12

  • Prezo: 70€

  • Data: sábado 11 de abril de 2026

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Neste curso, imos ensinarche a cultivar na casa diferentes tipos de cogomelos, que poderán ser usados na alimentación, medicina, reciclaxe etc.
Farémolo de xeito ecolóxico, buscando transformar residuos en alimento e beneficios para nós e para a nosa terra.

Consiste nun curso teórico-práctico de nivel de iniciación e, no final, levarás contigo:
• Un cultivo biolóxico de Pleurotus djamor (cogomelo ostra rosa) nun balde
• Un cultivo biolóxico de Hericium erinaceus (cogomelo melena de león) nunha bolsa

PROGRAMA

1. O mundo dos fungos
1.1. Breve historia sobre o coñecemento dos fungos
1.2. Bioloxía e clasificación dos fungos.
1.3. As contribucións dos fungos para mellorar o noso benestar e o medio ambiente

2. O cultivo caseiro de cogomelos
2.1. Os cogomelos que podemos cultivar na casa
2.2. Introdución ao cultivo de cogomelos: conceptos, etapas e materiais necesarios
2.3. Técnicas padrón utilizadas no cultivo de cogomelos:
2.3.1. Técnicas de cultivo de cogomelos en palla:
–  Como preparar palla para cultivar cogomelos en baldes
–  Práctica: Cultivo biolóxico de Pleurotus djamor (cogomelos ostra rosa)
2.3.2. Técnicas de cultivo de cogomelos en madeira:
–  Como preparar madeira para cultivar cogomelos en bolsas
–  Práctica: Cultivo biolóxico de Hericium erinaceus (cogomelo melena de león)
2.3.3. Como preparar outros substratos
2.4. Incubación
2.5. Frutificación
2.6. Colleita dos cogomelos

3. Que podemos facer cos diferentes cogomelos cultivados

DOCENTE: Ellis Burleigh

Apaixonado pola vida dos fungos, Ellis é un recolector e fungicultor, cofundador do proxecto MicoCultores. Con este proxecto pretende desenvolver o seu traballo en tres áreas:

  1. Sensibilización sobre a importancia dos fungos para os ecosistemas e os humanos;
  2. Formación sobre identificación, recolla, cultivo, preservación e preparación culinaria de fungos;
  3. Intervención no medio ambiente e comunitario, a través da creación dunha rede cooperativa de micocultores.

Se estás interesado(a) en coñecer o seu traballo ou en formar parte desta misión, podes seguilo nas redes sociais.

Instagram: https://www.instagram.com/micocultores/

Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=61555030066820

DESTINATARIAS

Calquera persoa interesada en saber máis sobre o mundo dos fungos e o cultivo doméstico de cogomelos. Non é necesario ter coñecementos previos.

MATERIAL INCLUIDO NO OBRADOIRO

Todos os materiais necesarios para o curso están incluídos.

NECESIDADES

Trae ganas para participar na revolución dos fungos!
Se tes frascos na casa dos que che queres desfacer, aceitamos doacións.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: