
CULURGIONE: PASTA FRESCA RECHEA
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Neste obradoiro aprenderemos a traballar a masa con máquina de pasta para elaborar culurgiones, unha pasta rechea de pataca e menta típica da rexión de Sardeña.
PROGRAMA
Non é necesaria experiencia previa: acompañarémoste en todos os pasos do proceso, desde a preparación da masa e do recheo ata o peche tradicional en forma de espiga, para que poidas levalos feitos e repetir a receita na casa.
Unha vez terminemos, compartiremos as nosas creacións ao redor da mesa.
DOCENTE: Mojar
Louie e Pilar de Mojar – https://instagram.com/mmmojar
DESTINATARIAS
Todas aquelas persoas interesadas en aprender unha nova técnica culinaria. Non se precisa experiencia previa. Maiores de 18 anos.
MATERIAIS INCLUÍDOS
Todos os materiais están incluidos
NECESIDADES
Debes traer un delantal ou roupa que non te importe manchar.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.


