
CULTIVAR COGOMELOS COMESTÍBEIS E MEDICINAIS NA CASA
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Neste curso, imos ensinarche a cultivar na casa diferentes tipos de cogomelos, que poderán ser usados na alimentación, medicina, reciclaxe etc.
Farémolo de xeito ecolóxico, buscando transformar residuos en alimento e beneficios para nós e para a nosa terra.
Consiste nun curso teórico-práctico de nivel de iniciación e, no final, levarás contigo:
·Un cultivo biolóxico de Pleurotus Ostreatus (cogomelo ostra);
·Material para cultivar tres dos seguintes cogomelos: Lentinula edodes (cogomelo shiitake) OU Hericium erinaceus (cogomelo melena de león) OU Pleurotus Djamor (cogomelo ostra rosa).
- Cultura líquida inoculada de un dos cogomelos enumerados;
- Gran de cereal inoculado de un dos cogomelos enumerados;
- Substrato inoculado de un dos cogomelos enumerados.
PROGRAMA
1. O mundo dos fungos
- Breve historia sobre o coñecemento dos fungos
- Bioloxía e clasificación dos fungos.
- As contribucións dos fungos para mellorar o noso benestar e o medio ambiente
2. Cultivo caseiro de cogomelos
2.1. Os cogomelos que poden ser cultivados e técnicas xerais de cultivo.
2.2. Introdución ao cultivo de cogomelos: conceptos, etapas e materiais necesarios.
2.3. Técnicas padrón utilizadas no cultivo de cogomelos:
- Técnicas de cultivo de cogomelos nun ambiente non esterilizado:
Cultivo biolóxico de Pleurotus ostreatus (cogomelos ostra) - Técnicas de cultivo de cogomelos nun ambiente esterilizado:
Inoculación de gran de cereal e de substrato con Lentinula edodes (cogomelo shiitake) OU Hericium erinaceus (cogomelo melena de león) OU Pleurotus Djamor (cogomelo ostra rosa)
2.4. Frutificación
2.5. Colleita dos cogomelos
3. O que se pode facer cos diferentes cogomelos cultivados
DOCENTE: Ellis Burleigh
Apaixonado pola vida dos fungos, Ellis é un recolector e fungicultor, cofundador do proxecto MicoCultores. Co este proxecto pretende desenvolver o seu traballo en tres áreas:
- Sensibilización sobre a importancia dos fungos para os ecosistemas e os humanos;
- Formación sobre identificación, recolla, cultivo, preservación e preparación culinaria de fungos;
- Intervención no medio ambiente e comunitario, a través da creación dunha rede cooperativa de micocultores.
Se estás interesado(a) en coñecer o seu traballo ou en formar parte desta misión, podes seguilo nas redes sociais.
Instagram: https://www.instagram.com/micocultores/
Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=61555030066820
DESTINATARIAS
Calquera persoa interesada en saber máis sobre o mundo dos fungos e o cultivo doméstico de cogomelos. Non é necesario ter coñecementos previos.
MATERIAL INCLUIDO NO OBRADOIRO
Todos os materiais necesarios para o curso están incluídos.
NECESIDADES
Trae ganas para participar na revolución dos fungos!
Se tes frascos na casa dos que che queres desfacer, aceitamos doacións.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.