😋 Para papar? para papar aquí 👇🏻

Sentíndolo moito, Unitaria non se encarga do tema dos xantares nos obradoiros… malas experiencias e algunha que outra protesta por prezo ou calidade fixo que deixaromos de esforzarnos nalgo que non é o noso curro, así que nada, simplemente queremos deixaros esta guía do barrio de San Pedro, onde tendes a sorte de ter unha grande variedade de locais, prezos e tipos de comida… Bo proveito, beibes!!

Acolledor bar onde gozarás dos seus viños, tapas, racións: croca, chipiróns, guacamole ou fingers de polo entre outros.  Acepta o pago con tarxeta. Pechado os luns. 10-15€

Non nos gustan NADA as cousas aburridas! As comidas deben ser saborosas, as bebidas ricas e a xente sorrinte 😀 #vexetariano #cóctel #gayfriendly www.tsacasa.com

Pulpo, churrasco e ensaladilla de 1ª.

Comida caseira típica local, especializada en cogumelos, embutidos, tortillas e ovos revoltos preparados no momento na cociña aberta.
Deliciosos postres caseiros e carta completa de viños. 10-15 €

Un restaurante diferente, no 120 da Rua de San Pedro… 🌱 www.amaceta.com

Comida, repostería e brunch Vegetarian@-vegan@ con opcións sen gluten e sen lactosa. Comida de temporada, local e caseira, feito con agarimo.
A túa mascota está sempre benvenida 😉 Alí te esperamos de luns a domingo (horarios dispoñibles en Facebook e Instagram @clem_cafe).

Na Moa, somos peixes de lonxa, carnes de Bandeira, tomates do Gabriel, e viños da Ribeira e tamén das rías.
Na Moa, somos os que estamos…, e os que vides.
Saúde.

No Dezaseis tes unha ampla carta de racións que están marcados polas elaboracións clásicas. +-20€

100% comida caseira, destos sitios quedan moi poucos, rexentado por Divina e Julio, aquí poderás comer un cocido galego en con-di-cións.

Faltas? escríbenos! que non damos feito e igual olvidámonos de ti…

Máis de Tropezentos estudantes xa pasaron por Unitaria

#aprenderás