Recursos expresivos na voz falada e cantada. Do canto tradicional á ópera

Impartido por: Mónica de Nut
Nivel: Medio (experiencia vocal, non necesario linguaxe musical)
Duración: 8 h
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 9
Cuota de inscrición: 125 €
Datas: 15 de outubro de 2016
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: luns 10 de outubro de 2016


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Con frecuencia nos encasillamos nun xeito determinado de falar, nun estilo musical, nunha única tímbrica. O uso das diferentes cores e posibilidades tímbricas enriquecen a nosa voz dotándoa de máis expresión e ofrecéndonos máis ferramentas para a interpretación.
Tanto na fala como no canto, na vida diaria ou no ámbito profesional, ó máis natural é a combinación dos diferentes rexistros ós que podemos acceder mediante o bo uso de resoadores corporais, respiración, emisión, pliegues vocais… Términos como “voz aberta, impostación, belting, voz gutural, voz de peito, voz étnica, falsete, voz de cabeza, engolamento…” son difíciles de determinar e levan a confusión. Neste obradoiro trataremos de aclarar a que se refiren e aprenderemos a usalos con normalidade, aportando expresión e flexibilidade a nosa voz.

PROGRAMA
BLOQUE 1.- Media hora de aula individual para escoitar e evaluar os coñecementos de partida do alumnado e as necesidades específicas da sua voz (no caso idílico de 8 persoas levaría 4h en total); deberán traer unha canción ou texto preparado.

BLOQUE 2.- 4h de aula en grupo onde traballaríamos os seguintes puntos partindo de exercicios de control corporal, vocalizacións con acompañamento de piano e lectura de textos.

2.1.- Conexión respiración-padal-resoadores corporais
2.2.- Timbre dos resoadores corporais locais e do resoador total
2.3.- O “paso da voz” (cambio de pliegue grueso a fino)
2.4.- Enriquecemento e conciencia dos armónicos vocais (canto difónico como exercicio)
2.5.- Técnica belting
2.6.- Control tímbrico das vogais e o efecto da pronuncia das consoantes nos textos e cancións
2.7.- Aplicación de todos estes aspectos na canción ou texto do que partimos individualmente.

DOCENTE: Mónica de Nut
A técnica vocal que fun perseguindo no académico e profesional, como cantante e actriz, é a que me foi permitindo maior comodidade, versatilidade de estilos e liberdade a nivel interpretativo. Non aplico ningún método exclusivamente; combino os recursos adquiridos por mestras de canto e de control corporal das que fun aprendendo o longo do camiño. Con moito traballo práctico persoal fun interiorizando todos estos conceptos ó longo dos 20 anos que levo traballando coa voz. Paréceme indispensable compartilos con aquelas persoas que así o desexen; así foi como fixeron conmigo as miñas mestras, en especial Aída Monasterio, durante os anos que vivín en Madrid, e ás que lles estou profundamente agradecida.

Formación académica e experiencia;

Lincenciada en canto en Escuela Superior de Canto de Madrid.
Titulada na especialidade de canto no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.
Diplomada en Maxisterio Musical pola Universidade de Vigo.
Estudios de jazz en Escola Estudio de Santiago de Compostela e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.
Estudios de canto tradicional na Etrad de Vigo e con Mercedes Peón.
Formación corporal e danza con Mónica García, Rut Balbís, Isabel Sánchez e Leodán Rodríguez.
Dous discos publicados en solitario e colaboracións con agrupacións de folk, jazz , música tradicional, música clásica, contemporánea e montaxes de ópera, teatro musical e teatro. Experiencia en escenarios nacionais e internacionais como cantante e actriz.
Máis de 15 anos de traballo docente, alumnado infantil e adulto, en Galicia e Madrid. Xestión académica con Música e Danza Viva en Escuela de Música Municipal de Valdemoro, como directora do departamento de Canto.

http://www.monicadenut.com
nut@monicadenut.com
https://www.facebook.com/monica.denut

DESTINATARIOS
Profesionais da voz ou con experiencia (cantantes, actrices, locutoras, profesoras…). Non son necesarios coñecementos en linguaxe musical.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Material de audio: As aulas serán gravadas e enviadas en mp3 ó alumnado para que teña a referencia sonora externa da sua voz nos exercicios prácticos.
Material escrito: pdf cos exercicios e nocións a ter en conta.

NECESIDADES
Unha canción ou texto previamente aprendida a poder ser de memoria.
Roupa cómoda e esterilla
Email para enviar material de audio e escrito.


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!