HUMOR GRÁFICO CON MERCROMINAH

  • Impartido por: Ana Jiménez “Mercrominah”

  • Nivel: Non é necesaria ningunha experiencia de debuxo anterior, só tes que ter ganas

  • Duración: 12h

  • Horario: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

  • N.º de prazas: 14

  • Cuota de inscrición: 130€

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Datas: do 20 e 21 de febreiro de 2021

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

É un obradoiro onde o propósito é rir, divertirse e sobre todo facer medrar a túa creatividade con diferentes actividades en grupo. Reúnete con outras persoas e déixate levar polos retos que che presenta Mercrominah. Retos e actividades creativas individuais e grupais onde o humor e sobre todo a creatividade serán os protagonistas.


Atréveste a DESAFÍAR? PERO SE NON SE COMO DEBUXAR!
Perfecto! Non é necesario saber debuxar porque non é un taller de debuxo.
Non tes moito que contar? A intención deste obradoiro é chegar a todos. Perder o medo a comunicarse, provocar a creatividade de cada persoa sempre centrado no humor e a través dos desafíos, sendo capaz de comunicarse sen ter en conta a forma só a mensaxe.

-Non é un curso de debuxo nin pintura. Non é necesario saber debuxar para asistir ao curso. É un curso creativo aberto a todos os públicos.

-Obradoiro de taller onde o humor é o protagonista. Divertímonos !!

-É un curso aberto para todos os públicos onde a través de exercicios individuais e grupais axudarache a desenvolver a túa creatividade, o teu enxeño, perder o medo a crear e expresar ideas e sobre todo a compartilo co mundo.

-16 anos e máis. Non apto para persoas con pouco sentido do humor.

DOCENTE: Mercrominah

Azote de influencers nos seus stories de instagram, sacará un sorriso a cada unha das súas lectoras. Mercrominah é unha artista de xogos e traballa no xogo Candy Crush.

Mercrominah é o nome co que se esconde Ana Jiménez, unha ilustradora de Vilafortuny (Tarragona) que, despois de instalarse en Suecia por obrigas laborais, atopou inspiración no frío. “Despois de comezar de cero, nunha introspección persoal”, di. Do cambio de temperatura xurdiu o seu alter ego, un personaxe que non ten reparo en pasar os domingos xogando á PlayStation ou sacar as peores diferenzas das culturas nórdica e mediterránea nas que se move no seu día a día.*

“Sempre me gustou a palabra Mercomina. É unha boa palabra soante. Como o jalapeño, o Albuquerque ou o cascoporro. É unha simple debilidade fonética “, ri Jiménez. “Ademais, a palabra Mercrominah é unha metáfora de como conseguín borrar todas as feridas do pasado e rirme delas”, engade.*

E por que non, tamén podes seguila no seu instagram se queres.

*Fonte: La Vanguardia

“Autoparodias, coños y otras irreverencias: amando las viñetas de Mercrominah”

Playground

“Mercrominah, viñetas de ‘haterismo’ costumbrista”

Yorokobu

“Mercrominah, el hilo de humor negro que une Vilafortuny con Suecia”

La Vanguardia

DESTINATARIAS

Este curso está dirixido a calquera persoa interesada en expresarse a través de diagramas, ilustracións e palabras. Non se requiren coñecementos previos de debuxo de ningún tipo.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: