MÚSICA PARA ESCENA

  • Impartido por: Hugo Torres

  • Duración: 8 horas

  • Horario: sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

  • N.º de prazas: 15

  • Cuota de inscrición: 95€

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Datas: 19 de outubro de 2024

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

O meu nome é Hugo Torres e son compositor de música para a escena. Neste curso de 8 horas achegarémonos á miña metodoloxía de traballo que levo desenvolvendo desde hai dúas décadas.

Os participantes do obradoiro, teñan ou non experiencia previa, están convidados a se adentraren no proceso teórico-práctico que utilizo habitualmente para a composición das miñas bandas sonoras.

Neste obradoiro falaremos da análise dramatúrxica como punto de partida da inspiración, da comunicación cos equipos creativos, o acompañamento do proceso de ensaios, a relación cos equipos técnicos e a preparación do material para as presentacións.

Ademais, haberá unha parte práctica onde revisaremos o hardware e software que normalmente utilizo nos meus procesos, explorando as diferentes metodoloxías para a composición escénica.

O máis importante de todo é que poderemos estar nunha sala con máis persoas falando de algo que nos apaixoa. Se hai algo mellor que iso, non sei que será.

PROGRAMA

1 –
Que é a música para escena?
Cales son as súas características?
Que a diferencia da demais música?

2 –
Desenvolvemento do concepto xeral da banda sonora
A dramaturxia do son
Análise de escenas
O texto como fonte de inspiración para a composición
A banda sonora como narrador.

3 –
As etapas do proceso
Planificación do traballo de composición.

4 –
O proceso de ensaios
A composición e o material necesario
O equipamento na sala de ensaios
Material utilizado (Hardware, Software)
A composición en directo.

5 –
Traballo en equipo
O proceso creativo
Preparar o material para as funcións
Acompañar os equipos técnicos e pasar o testemuño.

DOCENTE: HUGO TORRES

Compositor, músico e actor.
Compuxo bandas sonoras orixinais para espectáculos do Centro Dramático Nacional, Centro Dramático Galego, Teatre Lliure, Teatro de La Abadía, Teatro Circo Price, Comedia Nacional de Montevideo…
É produtor musical e coautor dunha vintena de bandas sonoras para a compañía Voadora (2007-2022), da que foi director artístico xunto a Marta Pazos.
Desde hai un ano traballa no proxecto BAHÍA BOTÁNICA, un diálogo musical en directo con plantas.

DESTINATARIAS

Artistas, músicas, intérpretes, creadoras, con ou sen experiencia interesadas no proceso de creación da música para escena.

NECESIDADES

Ademais das ganas, deben traer o material que adoitan utilizar para facer música (instrumentos, ordenadores…).

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: