
ESTAMPA MANUAL
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Obradoiro intensivo de experimentación e ensaio de diferentes técnicas e ferramentas de estampación manual para a construcción de recursos gráficos, no que elaboraremos unha ilustración na que adaptaremos técnicas tradicionais a procesos máis “domésticos” e aprenderemos como presentar unha imaxe para a súa reprodución.
PROGRAMA
Obradoiro estructurado a través de exercicios prácticos:
1. Coñecemento de materiais e técnicas de estampación e reproducción básicas.
2. Construcción de recursos gráficos por medio de técnicas manuais:
- Uso de plantillas e máscaras, separación en capas e pantallas
- Introdución á monotipia e a transferencia.
- Fabricación de pranchas de estampado e métodos de reprodución “caseira”.
3. Aprendizaxe e iniciación das tecnoloxías de infografía dixital:
- Elaboración dun arquivo para mandar a imprenta.
- Como empregar tramas mecánicas.
4. Autoedición: Fabricaremos unha publicación.
DOCENTE
Impartido por Alejandro Viñuela Agra (Jano). Licenciado en Belas Artes pola facultade de Pontevedra con máis de 15 anos adicados a traballar coma deseñador gráfico, historietista e ilustrador en diversas empresas e eidos desde o deseño textil ata traballos de pre-impresión e reprografía.
DESTINATARIAS
Dirixido a calquer persona creativa interesada na ilustración, con curiosidade por coñecer o proceso de traballo para representar ideas con imaxes, dende principiantes ata xente máis experimentada con interés por aprender novos camiños.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Papel, tintas, kit de fabricación selos, liquido para transferencia e todo o necesario para a elaboración das nosas imaxes.
NECESIDADES
O alumno pode traer o seu propio material de debuxo e ordenador portátil con Photoshop.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.