
LOCALIZANDO PARA CINE
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Curso impartido para aprender como se xestionan os espazos para a realización de producións audiovisuais: o apaixoante mundo das localizacións. Dende o punto de partida (recepción do guión, dossier e tratamento do proxecto), pasando pola preproducción, a xestión de permisos, as necesidades de rodaxe, as funcións da persoa de localizacións e os acordos cos proveedores, e, por suposto, o peche do proxecto.
PROGRAMA INICIACIÓN
1.- A figura do-a responsable de localizacións. Características, responsabilidades, funcións e encaixe no equipo.
2.- Ferramentas para o localizador-a. Materiais diarios de uso.
3.- Recepción do proxecto. Comezo da fase de lectura de guión. Desglose do guión e primeiro borrador de localizacións.
4.- Proposta de localizacións artísticas.
5.- Xestión de permisos de rodaxe: institucións, trámites e procedementos.
6.- Espazos alternativos e necesidades de rodaxe: procesos, descanso de actores, catering.
7.- Loxística de rodaxe: accesos, flota dispoñible, necesidades do equipo técnico-artístico.
8.- Contratos e acordos con proveedores
9.- En rodaxe: que papel cumpre un localizador?
10.- Problemas e solucións nas localizacións.
11.- Postprodución e final de rodaxe.
12.- Peche de localizacións e contabilidade.
13.- Caso práctico. Presentación de localizacións.
DOCENTE: ANDRÉS ROZADOS
Andrés Rozados é un produtor audiovisual con máis de 10 anos de experiencia no sector, con ampla experiencia na xestión de localizacións para películas, series e programas de TV.
Linkedin: https://www.linkedin.com/in/andresrozados/
DESTINATARIAS
O público obxectivo vai dende profesionais do sector, pasando por estudiantes de audiovisuais, publicidade, belas artes e interesados no eido audiovisual con ou sen relación directa con el.
NECESIDADES
Portátil, teléfono móbil e se é posible cámara de fotos (vale a do teléfono móbil). Roupa cómoda para camiñar, calzado cómodo xa que faremos roteiros e visitas a posibles localizacións.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.