MIYUKI

  • Impartido por: Eugenia de “Artesanía Nia”

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 8h

  • Horario: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

  • N.º de prazas: 8

  • Cuota de inscrición: 60€ (materiais incluídos)

  • Datas: do 18 de xaneiro de 2020

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Miyuki é unha técnica xaponesa que consiste en coser unhas pedras moi pequenas chamadas delicas, que son de vidro, e teñen todas a misma medida, para que encaixen á perfección unha vez que se cosen unha a unha para obter diferentes formas. Utilízase unha agulla moi fina para que pase a través delas, e un fío especial para estes traballos, un fío encerado que facilita coser as delicas, pasa con facilidade a través delas e mantense intacto (xa que se utilizasemos un fío de coser dos que temos na casa iría abrindo e rompendo!!!)


No obradoiro intensivo de 8 horas realízanse 3 pezas diferentes: pulseira, pendentes e colgante.

PROGRAMA

  • Comezamos facendo unha pulseira básica de punto en Miyuki.
  • Os pendentes cun pouco máis de complexidade aumentan e diminúen.
  • Colgante xeométrico con 4 puntas.

DOCENTE:

Eugenia Domínguez (Artesiaía Nia)
Instagram: @artesania_nia
Facebook: @Artesania.Nia

DESTINATARIAS

Todo tipo de público, mulleres e homes (que ultimamente se animan a probar esta técnica xaponesa!!).
Idade a partir dos 12 anos.

NECESIDADES

Traer moitas ganas!!

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: