
CAÑAS & TIPOS
DESCRICIÓN
Cañas & Tipos é o evento tipográfico-festivo autoxestionado que comezou na cidade de Valencia no ano 2013, coa súa sede fixa na seiscuatro. O evento foise celebrando noutras cidades como Madrid ou Palma de Mallorca.
O evento naceu de quedadas informais ao redor dunha mesa de bar e unhas cañas para comentar probas impresas de tipografías propias, espécimes e libros. A partir deste comezo, foi medrando e evolucionando nun evento que ofrece charlas, sorteos, typecrits, mostras de libros e cervexas.
Cada evento adoita ter o seguinte formato: invítanse a dous profesionais relacionados coas letras a falar uns 20 minutos sobre o que lles apeteza (sempre relacionado coa tipografía) cunha pausa no medio para a pertinente hidratación maltosa.
Tras as charlas, ten lugar o xa mítico ¡Tipobingo!; por cada consumición que realices no evento, entras no sorteo de diferentes packs, principalmente material achegado por tipógrafos, calígrafos e persoas próximas á organización.
Isto pon punto final á “actividade oficial”, pero a febre letrística fai que os asistentes compartan os seus proxectos de tipografía, caligrafía ou o que lles guste, de maneira informal e sempre cunha caña na man.
NESTA EDICIÓN:
Benvido setembro! Temos un plan difícilmente superable para o sábado 21. A estrea da 10ª temporada de Cañas & Tipos en Santiago de Compostela
Iniciamos o curso con dúas auténticas estrelas convidadas Dende Barcelona, chega a deseñadora de tipografías Laura Meseguer unha referente indiscutible a nivel internacional. Contaremos tamén co artista audiovisual Berio Molina, que se une á familia tipográfica galega para falarnos do seu espectacular proxecto de caligrafía sonora Setras.
Nesta ocasión a festa comeza ás 18:00, xusto despois do obradoiro de tipografía que Laura Meseguer e María Ramos impartirán en Unitaria.
Haberá charlas, cervexa, música e por suposto Tipobingo
Tipografías na gráfica: Ella e Sisters de Laura Meseguer