
CORPO EXPRESIVO
OBRADOIRO INTENSIVO DE INTERPRETACIÓN PARA BAILARINXS
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Como intérpretes da danza temos unha máquina poderosa: o corpo.
Somos un ente expresivo coa capacidade de recrear e evocar imaxes en movemento, de contar historias. O corpo que danza expresa.
O movemento fai que nos liberemos e que conectemos a través das accións co pensamento. Sentir e activar o imaxinario para construir outros novos universos que irán mutando en función do propio proceso.
A interpretación é a maneira de aproximarse a outros mundos e habitar personaxes dende o corpo expresivo que somos.
Este obradoiro propón adentrarse nas áreas da interpretación e o movemento de forma interconectada para poñer o foco na nosa verdadeira esencia en escena e explotar ao máximo a nosa capacidade expresiva como intérpretes.
PROGRAMA
Partindo da pregunta: Quen son EU en escena?
- Construir un espazo de confianza e liberdade.
- Explorar a verdade escénica, organicidade propia e autenticidade.
- Escoita propia e grupal.
- “Aquí e agora”.
- Consciencia sensorial.
- Emoción.
- Manexar o conflito, o contrario e o contradictorio.
- Ampliar as posibilidades expresivas, recursos e ferramentas.
- Presencia, intención e actitude.
- Construción de personaxe.
- Verbalización e consciencia práctica. Compartir.
DOCENTE: Cris Iglesias
Cris Iglesias formouse como actriz na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e realizou cursos e obradoiros con profesionais como John Strasberg, Laila Ripoll, Lorena Bayonas ou Francesco Carril. Vinculada á música dende pequena, estudou percusión no Conservatorio Profesional de Música da Coruña, unha habilidade que compaxina con diferentes estilos de danza contemporánea e flamenco e que continúa na actualidade.
Comezou a súa carreira profesional formando parte da compañía Chévere co espectáculo Eroski Paraíso, dirixido por Xron. Foi nominada aos premios María Casares por este e outros proxectos como o espectáculo Liberto, dirixido por Tamara Canosa. Despois de interpretar a Leticia Charlín na serie Fariña, formou parte do elenco da versión teatral da mesma dirixida por Tito Asorey.
Debutou no cine con Eroski Paraíso, dirixida por Jorge Coira, película á que seguiron Ons, de Alfonso Zarauza, e Tres, de Juanjo Giménez —presentada na 78 edición do Festival de Venecia. Por outra banda, protagonizou a curtametraxe 16 de decembro, que lle valeu varios premios -nos Festivais de Alcine, Santurzi e Feciso-.
En televisión, participou en series como Clanes, en Netflix; as mencionadas Fariña, Valeria ou Auga Seca.
DESTINATARIAS
Toda persoa de calquera idade interesada no traballo co corpo e con certa experiencia no traballo físico en escena.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Material sonoro e elementos necesarios para os distintos exercicios prácticos.
As persoas levarán para a casa ferramentas escénicas e ganas de subir a escena.
NECESIDADES
Roupa cómoda, auga, comida para repoñer forzas, unha libretiña + bolígrafo para anotar reflexións e corpo dispoñible.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.