
CIANOTIPIA
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Obradoiro no que aprenderemos a facer cianotipias e experimentaremos con distintos elementos e soportes.
PROGRAMA
Que é a cianotipia?:
Os comezos da fotografía, as técnicas sen cámara. Contexto histórico. Como funciona a cianotipia, fases do proceso. Distintos usos da cianotipia na arte, na educación ou na artesanía, para ir pensando ideas.
O proceso:
Preparación da emulsión, os químicos. Exposición á luz, revelado. Ademais do proceso básico, aprenderemos distintas técnicas de blanqueo, virado ou retoque fotográfico manual.
Experimentación:
Teremos varias horas para experimentar coa técnica aprendida. Cada alumno/a terá liberdade para probar ou facer o que queira coa supervisión da profesora.
DOCENTE: Sol Álvarez
Sol Álvarez Soto é fotógrafa e artista visual. Estudou Belas Artes, Fotografía Artística e Fotografía Documental de Autor. Ás veces dá clases de fotografía nas EASD.
Leva moitos anos traballando de deseñadora, ilustradora, videógrafa e fotógrafa freelance, ademais de realizar múltples proxectos de xestión cultural no campo da arte comunitaria e a participación cidadá. A súa obra artística xira arredor da fotografía analóxica e experimental, empregando técnicas coma a cianotipia para falar do traballo invisible das mulleres e a súa relación cos ciclos naturais.
Linkedin
Instagram
Portfolio fotografía
DESTINATARIAS
Todas aquelas persoas interesadas na fotografía e nas artes plásticas. Tamén aquelas que pensan que non teñen xeito para as artes ou as manualidades, ou que nunca se atreven a facer algo coas mans.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Están incluídos os químicos e materiais de cianotipia, varios papeis e retais de tela para probar sobre distintas superficies. Plantas secas para experimentar.
As asistentes podrán levar para a casa todas as pezas que fagan.
NECESIDADES
As participantes deberán traer os obxectos ou plantas a maiores que queiran plasmar. Se algunha persoa quere probar con negativos fotográficos deberá enviar un máximo de 4 fotos a correo solalvarezsoto@gmail.com a semana antes do obradoiro para levar os negativos preparados.
Tamén sería convinte traer un mandil ou ropa que se poida manchar.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.






