
(DES)FACENDO BARRIO
DESCRICIÓN
Estrea da curta documental (DES)FACENDO BARRIO e charla. Participan na documental:
- Monse Vilar, presidenta da Asociación ‘A Xuntanza’.
- Mercedes Vázquez Bertomeu, historiadora e veciña do barrio.
- Miguel Pazos, xeógrafo e veciño do barrio.
- Nuria Prado, propietaria de ‘Brigantia Orfebres’ e secretaria da Asociación de Empresarios do barrio
- Brígida Hermida, propietaria de ‘ Xearte Brigitte’.
- Mondra, artista e veciño do barrio.
SINOPSE
A masificación turística, a ocupación do espazo público, o aumento do prezo da vivenda ou a perda do comercio tradicional non só sofren as grandes cidades. (Des)facendo barrio aborda estes temas dende a singular perspectiva dos veciños do barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela. A súa condición de entrada ao Camiño Francés, sumada ao aumento de visitantes á capital galega, fai que temen que a súa casa se converta nunha autovía para os turistas.