VIDA EXTRA

  • Horario: de 10:00 a 16:00

  • Data: 7 de febreiro de 2026

  • Lugar: Unitaria + rúa Calzada de San Pedro, se chove o mercado da rúa pasará ao pavellón das nosas veciñas Don Bosco. 

VIDA EXTRA é un mercadiño de troco e segunda man, en colaboración coa Asociación Veciñal A Xuntanza, para darlle outra oportunidade ás cousas que xa viviron… ou que estaban desexando vivir outra cousa distinta.

Un día para traer o que xa non usas, trocar, compartir, mirar con calma e deixar que os obxectos circulen, cambien de mans e de historia. Roupa, libros, trebellos, cousas raras, cousas útiles, cousas que querían ser outras cousas.

O mercadiño celébrase na Unitaria e tamén na rúa, abrindo o espazo ao barrio e á veciñanza, cun ambiente relaxado, comunitario e festivo.

Se chove, a parte prevista na rúa trasladarase ao pavillón das nosas veciñas de Don Bosco.

Durante a mañá haberá tamén:

VIDA EXTRA é consumo consciente, encontro, barrio e tempo compartido.

Un plan para vir sen présa, quedar un rato… e marchar con algo que non sabías que necesitabas.