
ESTAMPA UNHA FLOR
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Aprende estampación manual mediante a creación dunha flor. Tallaremos os nosos propios selos para logo aplicalos nunha prenda de vestir. ¡Dalle por fin vida a esa cami tan aburrida!
PROGRAMA
Introducción
1. Breve repaso sobre distintos métodos de estampación téxtil.
2. Estampación manual: Orixes e materiais máis empregados.
Proposta de práctica
1. Materiais: Qué é cada utensilio e para qué serve.
2. Explicación do proceso que imos desenrolar.
A traballar!
1. Trasferencia do debuxo ao vinilo
2. A talla. Cómo se colle unha gubia e proceso de tallado.
3. A matriz. Entintado e primeiras probas.
4. Aplicación do nos selo nunha camiseta ou prenda de vestir.
DOCENTE: Xiana Cobo
Xiana estudou Historia do Arte e Diseño de Moda, despois de traballar na industria da moda, especializouse en deseño téxil para impresión dixital. Actualmente ten a súa propia marca e colabora con creadores independentes e pequenas firmas de moda.
DESTINATARIAS
Persoas adultas de todo tipo que queiran pasar un rato entretido creando algo novo ou as que lles interesen os procesos de estampa, a ilustración aplicada, a pintura, o deseño, o “upcicling”, etc.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
O curso inclúe todo o material necesario agás a prenda para customizar. O rematar o curso poderás levarte os teus selos e as probas en tecido.
NECESIDADES
Traer roupa axeitada para traballar con pinturas e unha prenda de algodón ou liño para customizar. Deberá ser branca ou dunha cor clara. Os alumnos tamén podrán traer a súa propia proposta de deseño. E moitas ganas, trae moitas ganas 🙂
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.