A SÍNDROME DE LIS

  • Día: 23 SETEMBRO 2022

  • Hora: 21:00 horas

  • PREZO: 10 EUR

DESCRICIÓN DO ESPECTÁCULO

A Síndrome de Lis é un monólogo teatralizado protagonizado por Lis Lúa, unha xornalista reconvertida en actriz que acaba de ser elixida para protagonizar a nova serie de Netflix sobre o narcotráfico en Galicia. En clave de comedia, a protagonista fará un repaso á súa vida, ós seus éxitos e fracasos, coa autoestima como fío condutor -e destrutor- da súa historia vital.
As súas relacións cos homes, tan fáciles de seducir grazas á súa beleza, forxaron un carácter baseado na constante compracencia ós demais.
Os trastornos de ansiedade e a depresión, a síndrome da impostora, o acoso sexual e a proxección dunha falsa imaxe nas redes son temas que conflúen nesta peza.
O espectáculo, en clave de comedia, está dirixido ó público adolescente (+14) e adulto, dura uns 70 minutos, e ten unha intención claramente lúdica e tamén didáctiva.

A COMPAÑÍA

A Síndrome é unha compañía de teatro radicada en Pontevedra que xorde co interese de facer teatro profesional con temas do noso tempo e da nosa sociedade que non teñen unha grande acollida nos círculos máis comerciais, como a enfermidade mental, as relacións a través das redes sociais, a soidade, a pornografía, os conflitos na adolescencia e o acoso escolar, a vellez, ou a vida das mulleres na madurez e a maternidade.

CASTING

A peza está interpretada por Rocío Barrio, actriz, xornalista, e presentadora de televisión galega.
Pódese consultar o seu currículum completo no seguinte enlace da Academia Galega do Audiovisual.

DIANA LÓPEZ VARELA: TEXTO E DIRECCIÓN

Xornalista e guionista. Ten traballado como redactora en diferentes medios de comunicación. En 2012 crea o blog Suspenso en Religión, a partir de entón, desenrola a súa actividade profesional como guionista e escritora. No es País para Coños foi a súa primeira peza teatral.
Publicou os libros de temática feminista No es país para coños (2016) e Maternofobia (2019). En 2021 colabora na antoloxía ilustrada Voces que Cuentan. Desde 2018 é tamén co-organizadora do congreso As Mulleres que Opinan son Perigosas, un encontro nacional de mulleres columnistas que ten lugar en Pontevedra. Actualmente, escribe opinión en Público.

BEATRIZ HERVÉS: PRODUCIÓN, CORRECCIÓNS E EDICIÓN

A súa traxectoria profesional como redactora de noticias e artigos para gabinetes, blogs e revistas internas deixou paso máis recentemente ó seu traballo por conta allea en distintos proxectos de tradución e subtitulado.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación da reserva de entradas debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións da reserva de entradas poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe da reserva de entradas.
O importe non se devolverá nos caso de se o asistente/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.