FILMAR A DANZA

  • Impartido por: Lucía Estévez

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 8 horas

  • Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

  • N.º de prazas: 15

  • Cuota de inscrición: 75€

  • Datas: 2 de abril de 2022

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

“Filmar a danza” é un laboratorio no que exploraremos coa videocámara o movemento do corpo. Hai moitas maneiras de filmar e ningunha é mellor que outra. Indagaremos na nosa propia mirada para explorar a mellor maneira de gravar a danza. O obxectivo é filmar unha videodanza nun día.

PROGRAMA

– Iniciación á videodanza, visionado de imaxes e busca dun estilo.
– Referencias e intereses persoais por contar dende a cámara.
– Achegamento ao retrato da danza.
Traballo en equipo dunha idea xunto a un bailarín ou bailarina.
Producir a idea e filmala.

DOCENTE: LUCÍA ESTÉVEZ

Lucía Estévez estuda Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e na UCP de O Porto, onde realiza un Erasmus durante o terceiro ano. Dende entón traballa para produtoras e compañías teatras galegas no departamento de cámara. O seu interese pola dirección fai que continúe a día de hoxe unha formación paralela que compaxina coa súa carreira profesional. Está preparando a súa primeira longametraxe de ficción, “As Defensas”, con guión subvencionado por AGADIC en 2020. Este ano rodará a súa seguinte curtametraxe, “O neno sardiña”, producido por Cósmica Producións con subvención de produción de AGADIC. En 2019 recibe o Premio CREA a Mellor Dirección Galega no Festival Internacional Curtocircuito pola súa curtametraxe “Arrolo” e o Premio a Produción no Carballo Interplay para realizar a serie para internet “XAN”, co-creada xunto ao actor e guionista Miguel Canalejo. En 2018 recibe o Premio María Luz Morales polo seu videoensaio “Muller Personaxe”, unha peza experimental que investiga o papel da muller en pantallas galegas.

Portfolio web
Instagram de Lucía

DESTINATARIAS

Todas aquelas persoas interesadas en retratar o corpo en movemento.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: