
INICIACIÓN Á ESCRITURA DE GUIÓN
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
PROTOCOLO COVID-19 UNITARIA
-Desinfección de mans á entrada e saída de clases.
-Máscara obrigatora durante toda a clase.
-Tes que traer a túa propia esterilla ou material para o obradoiro.
-Hidroxeles a tutiplén.
-Hai purificadores de aire nas dúas salas.
-Control de CO2 en PPM (partículas por millón) e así controlar a renovación de aire.
DESCRICIÓN
Obradoiro no que se aprenderá a escritura dun guion de ficción e das partes que o compoñen a partir de exemplos prácticos, e análise tanto de guións xa escritos como de pezas audiovisuais. Cada persoa escribirá o seu guión monitorizado polo profesor.
PROGRAMA
Semana 1 e 2: UNHA IDEA, UNHA IMAXE
Identificar o corazón do teu guión, analizar inicios e ideas nucleares doutros traballos audiovisuáis. Vehicular esa idea a través do xénero audiovisual, do estilo e da estructura máis axeitada. Que queres contar e por qué.
Semana 3: CONSTRUIR O MUNDO DO TEU GUIÓN
Identificar quen é o narrador e o punto de vista. Narración lineal ou fragmentada. Tempo e lugar. Desenvolver as personaxes e os espacios polos que se van mover. Perfilar a historia a grandes rasgos.
Semana 4 a 9: A VIAXE: O ARGUMENTO
Desenvolver estructura, tramas e subtramas. Clímax e anticlímax. Etapas da viaxe. Obxectivo. Acción e reacción. Armas/ferramentas. Conflictos. Puntos de xiro. Tratamento secuenciado.
Semana 10: DIÁLOGOS
Encontrar as verbas para cada personaxe. Linguaxe corporal. Obxectos, vestiario e paisaxe: todo dialoga. A linguaxe simbólica. Primeira versión de guión.
Semana 11. DESBROZAR
Darlle un formato axeitado ao teu guión. Erros comúns á hora de escribir. Eliminar todo o que sobra e reforzar o imprescindible. Últimas decisións.
Semana 12: MOVE O TEU GUIÓN
Loglines, taglines, sinopses, one-pages, teasers, demos. Encontrar as verbas para vender o teu guión. Target: ¿a quen vai dirixido?
A duración en semanas de cada fase do traballo é orientativa. Adaptaráse a cada guionista e ás necesidades de cada guión.
DOCENTE: Javier Trigales
Javier Trigales, guionista e docente.
Docente, programador de festiváis e crítico cinematográfico. Traballa de guionista tanto de programas e formatos de TV como de curtas e longametraxes para productoras como Bambú, Shine Iberia, Globomedia ou Eye Slice Pictures.
LinkedIN
DESTINATARIAS
Destinado a aquelas persoas que teñen unha idea para un guión audiovisual de ficción (curta, serie, longa) pero non coñecen a técnica para desenvolvelo.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Guións xa producidos e estreados de longametraxes, series e curtas e todo tipo de material audiovisual para a súa análise.
NECESIDADES
Soporte no que escribir, escollido por cada participante. Tanto físico (caderno e lápis) coma dixital (portátil, tablet) |
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.