TÉCNICAS DE PRODUCIÓN E MESTURA NA MÚSICA ELECTRÓNICA

  • Impartido por: Juait e CRNDS

  • Duración: 8 horas

  • Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

  • N.º de prazas: 18

  • Cuota de inscrición: 60 €

  • Datas: 14 de maio 2022

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Trátase dun taller introductorio co obxectivo de proporcionar novas ferramentas e recursos para a xente que está empezando a autoproducirse. Trataranse aspectos ou problemáticas que poidan xurdir durante todo o proceso creativo. Poñerase o foco en aspectos técnicos tales como; setup do teu equipamento, captación de voces e os seus posibles procesamentos, técnicas de mestura e mastering básicas.
Transversalmente trataranse cuestións da teoría musical aplicadas a produción (armonía, arranxamentos…).
A nivel creativo falarase de como xerar e xestionar ideas a través das ferramentas software.
Os software utilizados durante o obradoiro serán Avid Pro Tools e Ableton Live.

PROGRAMA

A sesión dividirase en dous bloques, de 4 horas cada un.

Mañán:

Setup e workflow. Familiarización co entorno de cada DAW.
Técnicas de captación de voces e o seu procesamento.

Tarde:

Producción e técnicas creativas.
Técnicas de mestura e mastering básicas.

DOCENTES

Alberto Cernadas (CRNDS) é compositor, productor e fundador del selo independente Lindisfarne. Formase como guitarrista na ESMUC (Escola Superior de Música de Catalunya), no itinerario de música clásica e contemporánea.
A partir de 2019, comeza a traballar baixo o nome de crnds e debuta como produtor co primeiro álbum de estudo de Sandra Monfort, “Niño Reptil Ángel”, galardoado como mellor disco do ano nos premios Carles Santos de Valencia.
Despois de publicar varias colaboracións a través de Lindisfarne, o produtor lanza CERNADAS, o seu primeiro álbum en solitario. Este traballo caracterizase pola integración de elementos propios da música tradicional de Galicia, coa linguaxe tímbrica da electrónica experimental. Púidose escoitar por primeira vez en vivo na pasada edición do festival Mutek en Barcelona. Na súa breve traxectoria, crnds ten colaborado con artistas como Cibrán Seixo, Sandra Monfort, Clara Fiol ou Fransy González.

Juait é enxeñeiro de son, produtor e fundador do estudo multimedia Spinal Sound. Fórmase como produtor musical e enxeñeiro de son e o seu camiño cara a experimentación sonora lévao a atoparse coa música de baile. A partires de 2018, empeza a traballar baixo o nome de Juait como produtor para distintes artistes do panorama nacional da música urbana. A partir de 2021 comeza a traballar cos sons do new club, donde se xuntan as influencias das paisaxes máis escuras do grime, os ritmos rotos e a electrónica de vangarda. Despois de publicar varias colaboracions con Nodo Label, en abril de 2022 lanza o seu primeiro EP “SKKTT” (autoeditado). O traballo é unha amalgama de sons escuros, contrapuntos dubstep e ritmos feitos e pensados para o clube. Na súa breve traxectoria, Juait colaborou tanto na faceta de produtor como de mixer ou técnico de mastering con artistas como Jaiju, Merca Bae, Yung Beef ou King Demitri.

DESTINATARIAS

Persoas insteresadas en producción musical de nivel inciación e intermedio.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Plantillas software de producción e mestura para Ableton Live e Pro Tools.

NECESIDADES

Algo para tomar apuntes e moitas ganas

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: