INTRODUCIÓN AO COLLAGE

  • Impartido por: Mariana Razzetti

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 3h

  • Horario: de 10:00h a 13:00h

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición: 40€

  • Datas: 19 de marzo de 2022.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Obradoiro de iniciación ao collage. Recorta, pega e conta unha historia.

PROGRAMA

Aprenderemos os tempos de selección de imaxes, corte, pegado e secado. Seleccionar material tanto como se xa saibamos o que queremos contar, ademais de deixarnos levar polo que nos ofrecen as imaxes. Reutilizaremos todo tipo de material gráfico existente, salientar o carácter “sostible” do obradoiro: non se imprimen novas imaxes, reutilizarás o que xa está ao noso alcance.
Recorta e pega aprendendo diferentes ferramentas de corte e bases de pegado dependendo da cola. Comezaremos cunha barra de pegamento e un folio ou cartolina.

DOCENTE: MARIANA RAZZETTI

Artista multidisciplinar arxentina. Cuarta xeración de xastres e modistas, estudou artes plásticas no IES Martín Malharro, onde se especializou en fotografía e gravado. Aos 20 anos trasladouse a Bos Aires para dedicarse á dirección de fotografía cinematográfica. Compaxina estes estudos traballando como fotógrafa para modelos, actores, músicos e animadores, desenvolvendo habilidades no campo da escenografía e do vestiario. Anos máis tarde instalouse en Madrid, integrándose rapidamente no mundo audiovisual e no teatro. A faceta profesional foi paralela á experimentación plástica, orientada xa case na súa totalidade ao collage. Actualmente dirixe un estudio/galería en Noia, A Coruña.

IG @marianarazzetticollage

DESTINATARIAS

Adult*s que queren contar cousas a través da imaxe.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Follas orixinais de revistas, libros, folletos, cadernos, fotos, figuras recortadas, carteis variados, etc.
Soporte de cola: bases de tamaño A4 aproximadamente de cartón de varias cores, cartolina, portadas de libros, etc.
Tesoiras, cortador, regra de corte, pegamento e bases de corte.
Ti colles o teu collage e eu douche 1 impresión do meu traballo.

NECESIDADES

Quen prefira pode traer tesoiras propias,ou imaxes propias para facer algo concreto.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: