CABARÉ TRANSGRESOR

  • Impartido por: Carla de Figueredo

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 8h

  • Horario: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

  • N.º de prazas: 15

  • Cuota de inscrición: 55€

  • Datas: 12 de marzo de 2022.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

O cabaré históricamente, encargouse de recoller todo tipo de disciplinas artísticas para escapar da censura e dar forza á opinión pública. O cabaré e punk, é provocación, é política, é feminismo, é pensar por unx mesmx… É TRANSGRESOR. Para dominalo debemos abrir a nosas mentes e os nosos corpos utilizando distintas disciplinas (danza, teatro, canto -esencialmente-) e aprender a construir dende o noso superyó unha personaxe que esté disposta a romper os esquemas, a pisar con seguridade… que organice o seu pensamento e se exprese sen medo, e que, por suposto, conquiste o seu erotismo. A finalidade deste obradoiro é comezar unha revolución feminista, partindo da nosa propia satisfacción. Non pode ser de outro modo.

PROGRAMA

1- O CABARÉ COMO INSTRUMENTO DE OPINIÓN PÚBLICA.
2- TRANSGREDIR, ROMPER O ESQUEMA.
3- SENSUALIDADE E EROTISMO.
3- PROXECCIÓN DA NOSA IMAXEN CORPORAL. PRESENCIA ESCÉNICA
4- CREACIÓN DO PERSONAXE. O GUIÓN E ELEMENTOS ESCÉNICOS.
5- ACTITUDE, CREATIVIDADE.
6- EXPRESIÓN CORPORAL E DANZA.
7- EXPRESIÓN VOCAL E CANTO.

DOCENTE: Carla de Figueredo

Licenciada en socioloxía, con máster community Manager; titulada pola Berklee School of music at UJ Clinics (2008 e 2009) con Joey Blake ou Dennis Montgomery III; en Historiografía do arte; en Activismos e movementos sociais e, polo Moma (Nova York), en Modern Art & ideas e Art & Activity.
Formada en arteterapia e terapias creativas (musicoterapia). Experta en Intervención psicosocial ante a violencia sexual, en Igualdad de xénero, en prevención das violencias machistas… Con máis de 15 anos de experiencia profesional en música e artes escénicas, é unha das voces máis destacadas do panorama musical estatal, especializada en jazz, rhythmn&blues ou soul. Foi a voz de bandas como The Hellbuckers, e segue sendo en Cabe & Carla, Madame Bird; dirixindo Inquietas Compañía Artística e Bolboretas Cabaré e burlesque show; profesional do cabaré, burlesque, teatro musical e ensinando ditas disciplinas dende fai 10 anos en distintas escolas.

DESTINATARIAS

Todo tipo de persoas dende os 18 anos. Non é necesario un coñecemento previo, só o desexo de experimentar e divertirse.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Música, textos e complementos.

NECESIDADES

Dúas mudas:
-Roupa cómoda.
-Aquela coa que te sientas sexy.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: