TORNEO XADREZ DE BARRIO

  • Horario: de 16:00 a 21:00

  • Data: 18 de abril de 2026

  • 💶 Inscrición:

      • 10 € público xeral

      • 5 € para alumnas do curso

  • 🏆 Trofeo para a persoa gañadora

  • ✔️ Aberto a todos os niveis

    ✔️ Sen licenza federativa

    ✔️ Ritmo relax

    ✔️ Prazer polo xogo antes que polos puntos

  • Lugar: Unitaria

Unha tarde de xadrez sen présas nin solemnidades.

Un encontro para xogar, pensar e compartir mesa.

O Torneo de Xadrez de Barrio chega a Unitaria cun formato aberto, accesible e pensado para todos os niveis. Non precisas ter ELO nin licenza federativa para vir xogar. Da igual se levas media vida diante do taboleiro ou se estás a volver mover as pezas despois de anos: aquí contan as ganas, non o currículo.

Durante a tarde disputaranse varias partidas nun ambiente tranquilo e respectuoso, onde o xadrez é máis unha escusa para o encontro que unha carreira pola vitoria.

Información práctica

  • Máximo de inscricións: 20 persoas

  • Mínimo de participantes: 5 (o grupo de alumnado que xa temos en marcha)

  • Sistema de xogo: suízo

  • Número de roldas: entre 7 e 9, segundo o número de inscricións

  • Ritmo de xogo: 15 minutos + 10 segundos de incremento

  • Reloxo: app de chess clock en modo avión

As crianzas poden participar, pero deberán vir acompañadas dunha persoa adulta responsable, que non vale deixalas aquí como quen deixa o abrigo no perchero 😉

Haberá trofeo para a primeira persoa clasificada e agasallo de participación para todas, porque aquí xogar xa conta como premio.

As decisións da directora e árbitra do torneo serán inapelables. O xadrez é serio, pero non tanto coma para discutir por iso.

INSCRICIÓNS COMPLETAS!

YUHU!!!