DIRECCIÓN CREATIVA EN ARTE E MODA

  • Impartido por: Mar Suárez

  • Horario: De 18:00 a 20:00 os luns

  • Duración:  11 sesións

  • N.º de prazas: 15

  • Prezo: 135€ (Todo xunto ou en 3 pagos de 45€)

  • Datas: do 9 de outubro ao  18 de decembro 2023

     

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Este obradorio tratará de abordar a relación entre arte e moda dende unha perspectiva práctico-teórica. Traballaranse temas como a performatividade dos desfiles, o vestiario na arte ou a relación cultural entre ambas disciplinas. Como resultado, agárdase obter un proxecto persoal no que estean relacionados ditos ámbitos.

Empregaranse diferentes exercicios a nivel práctico e a nivel teórico, como a realización dunha sesión de fotografía de moda, a creación dun proxecto artístico multidisciplinar ou o guión dun fashion film.

PROGRAMA

          Parte teórica:

  • Historia da relación entre arte e moda
  • Directores creativos de moda que abordaron o tema da arte
  • Autores que abordaron dita historia
  • Proxectos interesantes que xurdiron a través da relación de estas disciplinas
  • Relación entre moda e museos
  • Relación entre arte e vestiario 
  • Parte práctica:
  • Aprendizaxe de técnicas publicitarias entre arte e moda
  • Creación de campañas
  • Dirección creativa dunha marca
  • Guión dun fashion film
  • Creación de prendas entre arte e moda

DOCENTE: Mar Suárez

Mar Suárez traballa para a marca de moda Paloma Wool dende hai catro anos no departamento de Comunicación. Antes diso, traballou como directora de arte e deseñadora editorial para Piere Von Kleist, unha editorial de fotolibros en Lisboa.

Estudiou Belas Artes na Universidade de Vigo, Vídeo e Fotografía na Universidade de Barcelona y realizou un Máster de Estudios Comparados de Literatura, Arte e Pensamento na UPF (Barcelona).

DESTINATARIAS

Cualquera persoa que estea disposta a aprender, a realizar proxectos multidisciplinarios relacionados entre arte e moda. Creativas, deseñadoras e artistas en xeral.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

Libros especializados, cámaras, materiais fotográficos, materiais fílmicos, materiais textís.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: