LINGUA DE SIGNOS

  • Impartido por: Laura Valladares

  • Nivel: Inciación

  • Horario:

    GRUPO 1:  18:30 a 20:00 os luns

    GRUPO 2: 16:30 a 18:00 os martes

  • N.º de prazas: 11

  • Cuota: 35€/MES

  • Datas:

    do 11 de abril ao 27 de xuño de 2022 (GRUPO 1)

    do 5 de abril ao 28 de xuño de 2022 (GRUPO 2)

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

PROTOCOLO COVID-19 UNITARIA

-Desinfección de mans á entrada e saída de clases.

-Máscara obrigatora durante toda a clase.

-Tes que traer a túa propia esterilla ou material para o obradoiro.

-Hidroxeles a tutiplén.

-Hai purificadores de aire nas dúas salas.

-Control de CO2 en PPM (partículas por millón) e así controlar a renovación de aire.

DESCRICIÓN

O obxectivo do obradoiro é eliminar barreiras de comunicación e mellorar a calidade das persoas xordas, sensibilizando sobre a comunidade xorda e a súa cultura. Adquirirás capacidade para comprender e utilizar expresións cotiás. Lingua de signos española.

PROGRAMA

1.1 Contenidos gramaticais

• Substantivo
• Adxectivo
• Posesivos
• Números
• Pronomes interrogativos
• Verbo
• Oración
• Adverbios
• Clasificadores
• Fonoloxía

1.2 Contenidos léxicos

• A persoa e as relacións personais.
• Educación e traballo.
• Ocio e viaxes.
• Organización política, social, económica.

1.3 Contenidos socioculturais

Identificación personal: o signo personal.
Concepción das persoas xordas e a súa diversidade social: discapacidade e minoría lingüística, heteroxeneidade social.
Diversidade lingüística da lingua de signos española.
Formas de chamar as persoas xordas para avisos ou iniciar unha conversa.
A importancia do contacto visual entre interlocutores e as condicións espaciais.
Convencións sociais básicas (por exemplo, o aplauso).

1.4 Contenidos pragmáticos

• Pedir información.
• Expresar opinións, actitudes e coñecementos.
• Expresar gustos, desexos e sentimentos.
• Influir no interlocutor.
• Relacionarse socialmente.
• Estructuración, construcción e interpretación do discurso.

DOCENTE: LAURA VALLADARES

Eu son Laura, Intérprete de Lingua de Signos Española e Guía Intérprete de Persoas Sordocegas. Nos anos 2014-2015 cursei o ciclo superior de Interpretación de Lingua de Signos no CIFP Ánxel Casal Monte Alto, en A Coruña.

DESTINATARIAS

Todas as persoas interesadas en aprender este idioma

NECESIDADES

Necesario traer o que uses para tomar notas (libreta, portátil, tableta…), pero sobre todo: MOITAS GANAS DE APRENDER.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!