
INICIACIÓN AO HUMOR GRÁFICO
INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
O obxectivo deste curso é coñecer os pasos fundamentais para poder crear a túa propia viñeta de actualidade. Veremos o papel da viñeta no mundo da comunicación, o seu potencial e algúns referentes de actualidade. Traballaremos na creación do chiste a través dun proceso creativo que nos facilitará a aparición de ideas, aprenderemos as ferramentas para crear o noso propio personaxe e finalmente realizaremos a nosa propia viñeta de humor gráfico.
PROGRAMA
Entraremos en contexto con unha breve introducción sobre a historia do humor gráfico e a ilustración de prensa. Veremos algúns autores de actualidade e coñeceremos os medios narrativos e tipos de humor que existen.
Veremos o proceso para crear unha tira ou viñeta de humor. Falaremos sobre o aspecto fundamental de todo traballo artístico: a idea; de onde vén e como podemos chegar a ela. Tamén veremos como construír un personaxe propio con métodos sinxelos e que poderemos incluír na nosa tira ou viñeta.
Entraremos na fase de produción, a partir de dúas noticias propostas, definindo os detalles. Primeiro faremos os bosquexos e logo entintaremos e colorearemos seguindo o método e os materiais que prefiramos.
Para finalizar, veremos algunha ténica de postprodución dixital utilizando os traballos creados no obradoiro e reflexionaremos sobre algunhas afirmacións sobre o humor.
DOCENTE: SANDRA LODI
Sandra Lodi é unha ilustradora e artista plástica lucense afincada en Santiago de Compostela. Actualmente traballa no eido do humor gráfico colaborando na Revista Mongolia e no webzine El Estafador. No ano 2019 foi premiada co segundo Premio Curuxa de Humor gráfico.
DESTINATARIAS
O obradoiro está dirixido a todas as persoas que sintan curiosidade polo humor gráfico e que queiran descubrir o seu lado creativo, comunicativo e crítico. Non é necesario ser un gran debuxante, só ganas de pasalo ben.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Papel, lapis, goma e afialapis. Recipientes con auga para técnicas húmidas e papel.
NECESIDADES
Os participantes deberán levar o material co que se sintan cómodos para rematar a súa viñeta.
Entintado: podería ser un bolígrafo tipo Rotring, un rotulador negro ou Pentel, pluma estilográfica, pluma e tinta negra… ou incluso un lapis negro.
Cor: lápices de cores ou ceras para técnicas secas e acuarelas ou tintas para técnicas húmidas. Para as técnicas húmidas será necesario traer un ou varios pinceis.
Ténicas dixitais: tablet, ipad ou portátil co software que utilicen.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.