
NOITE MONÓLOGA
Cata Ukelele é cómica de stand up galega, forxada en Santiago de Compostela. A eterna rookie con máis de 12 anos de actuacións ás súas costas entre Galicia, Madrid, Alicante e Valencia… Humor ácido, fresco e dinámico; O Jackass cultural definitivo.
Adela Bértolo é cómica, improvisadora e correvaiedille. Compaxina os escenarios co seu traballo de reporteira de romerías e festas. Tanto fai un chiste político coma inventa unha canción. Ten un ollo vago e é fan de Arale.