
That’s life
Nunca sentiches que eras testemuña dunha situación tan íntima que non deberías estar véndoa? Que vas no bus e dous irmáns discuten sobre unha herdanza? Ou nun parque, dous amantes declaran o seu amor? En That’s Life exploraremos a intimidade de dúas persoas ao longo da súa vida. O público elixe que quere ver e Pedro Placer e Antía Vidal explorarán ese vínculo ata os seus límites. Un espectáculo coidado e moi humano, onde a intimidade e as emocións están á flor da pel.
Impro Voyeur en estado puro! 🎭