
A TRAVÉS DO AZUL: A CIANOTIPIA
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
PROTOCOLO COVID-19 UNITARIA
-Desinfección de mans á entrada e saída de clases.
-Máscara obrigatora durante toda a clase.
-Tes que traer a túa propia esterilla ou material para o obradoiro.
-Hidroxeles a tutiplén.
-Hai purificadores de aire nas dúas salas.
-Control de CO2 en PPM (partículas por millón) e así controlar a renovación de aire.
Fotografías: Elena Ardao.
DESCRICIÓN
Neste obradoiro veremos todo o proceso implicado na cianotipia e exploraremos as súas capacidades expresivas. Desde a creación da solución fotosensible, pasando polas súas múltiples posibilidades de aplicación (negativo fotográfico analóxico e dixital, rexistros botánicos, abstraccións materiais, ilustracións ou debuxos manuais), ata obter a impresión final sobre diferentes soportes e modificacións de tonalidade posibles no azul inicial.
Cada participante no obradoiro poderá practicar e facer as súas propias imaxes desenvolvendo as súas inquedanzas artísticas en torno á cianotipia . Debido ás súas calidades, esta é unha técnica especialmente axeitada para a experimentación e para prácticas de procesos híbridos.
PROGRAMA
Das orixes ata a actualidade. Faremos unha breve introdución para coñecer a orixe da técnica da cianotipia e as súas referencias. Despois descubriremos a obra dalgúns artistas contemporáneos e os seus diferentes enfoques que nos inspiran e amosan unha gran variedade de posibilidades expresivas.
Preparativos e probas. Coñeceremos os materiais e as ferramentas necesarias para poder elaborar os nosos propios cianotipos. Prepararemos a nosa solución fotosensible e aprenderemos como se aplica. Analizaremos diferentes soportes, tanto en papel como tecido, para saber escoller as superficies sobre as que facer un cianotipo. Entre os diferentes papeis, teremos a posibilidade de experimentar con papeis tradicionais coreanos e xaponeses feitos a man e tamén cunha variedade de tecidos de fibra natural. Tamén veremos o proceso de insolación e como traballar co sol e as súas alternativas de luz ultravioleta.
Os pasos a seguir. Descubriremos cales son os pasos a seguir segundo o método elixido. Aprenderemos a preparar o noso negativo dixital para imprimir fotografías e tamén os negativos manuais para selar ilustracións. Veremos como traballar con plantas ou obxectos por contacto directo na superficie fotosensible e como se poden crear imaxes abstractas a partir do xogo coa propia emulsión e co soporte sensibilizado. Coñeceremos algúns consellos e trucos que serán moi útiles para crear as nosas imaxes.
Algo máis. Unha vez finalizado o proceso, hai opcións para modificar ou perfeccionar o aspecto dos nosos cianotipos. Aprenderemos a branquear, intensificar o azul e aplicar cambios de cor que nos levarán máis alá do azul característico desta técnica.
Proxecto final. Baseándose en todo o aprendido e experimentado no taller, cada participante realizará unha peza final. Ademais dos materiais dispoñibles no taller, podes traer os teus propios materiais que se consideren necesarios para levar a cabo a proposta.
DOCENTE: Ana Paes
Ana Paes (A Guarda, 1982)
Licenciada en Historia da Arte pola USC (Santiago de Compostela) e cun máster propio en Historia e Estética da Cinematografía por La Uva (Valladolid). A súa formación en fotografía e cine está intimamente ligada á investigación de técnicas analóxicas. Autoeditou varios dos seus proxectos (“Ser cuerpo” e “Ensaio II).
En 2015 foi unha das gañadoras da Primeira convocatoria de Xénero e Figura e en 2017 participou no VII Encontro de Artistas de Novos en Santiago de Compostela. En 2019 foi seleccionada para o Projections Night’s Artists no Loading Fest en Porto e exhibiu unha selección de imaxes do seu último proxecto, “Orixe ou cando a marea baixa” en La Casa Encendida xunto cunha mostra de material de traballo e de arquivo persoal.
Ademais, formou parte dos Luns Fotográficos da Sociedade Fotográfica Alavesa e coordinou e impartiu diferentes obradoiros no Laboratorio de Fotografía do espazo artístico independente LAGO e, recentemente, “A través del azul: la cianotipia” en Barfutura, ambos espazos en Madrid.
http://www.anapaes.com
Instagrama de Ana
DESTINATARIAS
Todas as persoas afeccionadas ou profesionais da fotografía, a ilustración e o deseño. Tamén ás interesadas na botánica e en descubrir novos procesos creativos. Non é necesario un coñecemento previo, só o desexo de experimentar e divertirse.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
O obradoiro inclúe todo o material necesario para elaborar cianotipias:
Os químicos, as fermentas de medición, aplicación, insolación, lavado e virados finais.
Tamén estarán a disposición diferentes elementos botánicos e obxetos, así coma os negativos impresos a partir das imaxes seleccionadas por cada participante.
Haberá unha amplia variedade de soportes de papel e téxtil nos que se poderá experimentar a técnica da cianotipia. Entre eles, papeis artesanais de gran calidade como o papel coreano “hanji” e unha selección de papeis xaponeses “shin inbe”. Pola parte téxtil probaremos con diferentes tecidos naturais de orixe vexetal.
NECESIDADES
Antes do obradoiro, cada participante enviará por correo electrónico unha selección de 5-10 imaxes para crear os nosos negativos dixitais.
Para facer os nosos negativos para os cianotipos, cada participante enviará por correo unha selección entre 5-10 imaxes antes do comezo do taller. Poden ser fotografías ou ilustracións, sempre coidando que teñan calidade de impresión.
Os participantes poderán levar ao taller todos os materiais adicionais cos que queiran experimentar, ademais dos que estarán dispoñibles no taller.
Roupa que se pode manchar.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.