INTRODUCIÓN AO
SOUND PAINTING

  • Impartido por: Alfonso Medina

  • Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

  • Duración:  8 horas

  • N.º de prazas: 20

  • Prezo: 85€

  • Data: 27 de xaneiro 2024

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Actores/actrices, músicxs, bailarinxs, pintorxs, poetas, malabaristas… todo tipo de arte cabe neste curso. A través da linguaxe do Soundpainting, o alumnado atopará novos camiños de creación, aprenderá a comprender outras disciplinas artísticas e relacionarse con eles, ao mesmo tempo que gozarán interpretando pezas únicas creadas no momento.

PROGRAMA

Todas as sesións constarán de tres partes diferentes, que terán unha cousa en común, o traballo desde o xogo e o goce persoal e colectivo.
Na primeira parte ou quecemento realizaranse exercicios para crear un ambiente de xogo e desinhibición, preparando ao alumnado para afrontar o resto do obradoiro sen medos nin barreiras, é dicir, sen xulgarse a si mesmxs nin aos seus compañeirxs.x
Na segunda parte traballaremos conceptos básicos de impro, reforzando o traballo de quecemento e dotando ao alumnado de ferramentas técnicas para afrontar a terceira parte da clase.

Na terceira parte afondaremos na técnica do soundpainting, o alumnado aprenderá algúns dos xestos empregados nesta técnica e asimilaraos de forma práctica, executándoos tanto como intérpretes como no lugar do director ou pintor sonoro.

DOCENTE: Alfonso Medina

Dedícase ás artes escénicas dende 1999. E dende 2012 é profesor de Impro e Soundpainting.
Estudou circo durante dous anos en Carampa (Madrid) e tres en The Circus Space (Londres) e completou a súa formación circense con cursos intensivos na escola Videla (Bos Aires) e na escola nacional de circo cubana (A Habana).

Tamén se formou en teatro durante dous anos no colexio Espazo Aberto (Santiago de Compostela) e dende 2010 ata agora en Impro e Soundpainting con grandes mestres internacionais desta técnica, como Walter Thompson ou Omar Argentino entre outros.

Fundou e impartiu clases de Impro e Soundpainting nos colexios A Regadeira (Santiago de Compostela) e La Espontanea (Bilbao). Tamén impartiu numerosos obradoiros de Impro e Soundpainting en España e Latinoamérica. O laboratorio Souundpainting e Circo merece ser destacado no Encontro de Formación e Innovación Circo D10.

É cofundador da empresa The Momento Impro de Santiago de Compostela e da empresa Impro y Punto de Bilbao. Dirixiu a primeira coprodución de improvisación co Centro Dramático Galego “A Peste Improversions” e é o creador e director das orquestras de improvisación (sunpainting) Compostela Impro Big Band e Bilbao Imro Big Band.

É produtor e director do primeiro festival de improvisación de Euskadi “Primo Fest”. e foi codirector de varias edicións do Compostela Impro Festival “Imperdible”

DESTINATARIAS

Non é necesaria experiencia previa en Soundpainting ou improvisación para este curso. Está enfocado tanto aos profesionais como aos afeccionados a calquera arte escénica.
É necesario ter unha idade mínima de 16 anos.

NECESIDADES

Cada un debe traer o necesario para poder desenvolver a súa disciplina. Instrumentos musicais, malabares ou o que corresponda en cada caso.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: