OBRADOIRO DE CREATIVIDADE: DEBUXO, LOGO PENSO

  • Impartido por: Javirroyo

  • Duración: 8 horas

  • Horario: sábado de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h,

     

  • N.º de prazas: 20

  • Cuota de inscrición: 120€

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Datas: 1 de febreiro de 2025

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

A creatividade é algo inherente ao ser humano. Pero tamén aos animais, que buscan as mellores estratexias para escapar dun perigo, ou ás plantas, que procuran a luz do sol para facer a fotosíntese. No meu caso, dende pequeno, o debuxo axudoume a buscar estratexias para mellorar a miña vida: pensar de forma diferente, comunicarme mellor, descubrir novos mundos, ordenar as miñas ideas ou simplemente procrastinar.

Este obradoiro axudarache a exercitar a túa creatividade, sen necesidade de ter coñecementos previos de debuxo. Nunha época apaixonante de grandes cambios, onde a Intelixencia Artificial cuestiona a nosa suposta superioridade como os seres máis intelixentes do planeta, quixen crear un libro-ximnasio creativo que ofrece ferramentas para aplicar a creatividade ao traballo e á vida diaria.

Este obradoiro trata de creatividade e conexións: como sacar as mellores ideas, conectalas e formalizalas dun xeito sinxelo e poderoso. Aprenderemos do meu proceso creativo para conectar ideas e conseguir conceptos novos con máximo impacto. Traballaremos técnicas creativas partindo da idea de que a creatividade non existe e que, no futuro, todas e todos seremos substituídos por robots. Xogaremos a ser mineiros de ideas.

OBXECTIVOS

  1. Atopar a túa verdadeira motivación.
  2. Perder o medo a debuxar.
  3. Sacar ideas mediante o debuxo baixo presión.
  4. Conectar e descubrir ideas mediante un mapa conceptual.
  5. Aprender a mirar de xeito diferente e crítico.
  6. Buscar formas de romper a monotonía e forzar novos estímulos e conexións.
  7. Sintetizar e comunicar ideas.
  8. Pensar fóra da zona de confort.
  9. Reflexionar sobre os límites do humor.

PROGRAMA

1. Presentación. A creatividade e o ximnasio creativo.

Pensar > Ilustrar > Compartir.

  • Representar ideas con debuxos sen saber debuxar.
  • O meu proceso de traballo.
  • A importancia de partir sempre dunha idea.
  • De onde nacen as ideas?
  • Como comunicar visualmente o que penso?
  • Como estimular a creatividade?
  • Que é a ilustración?
  • Que é o estilo en ilustración? É tan importante?
  • Como sobrevivir nun mundo disruptivo?
  • Sistemas de representación gráfica: infografía, datos e datos subxectivos.
  • Pensar con imaxes: podemos representar opinións, datos ou pensamentos de outro xeito?

O proceso:

  1. Describir unha historia ou escena.
  2.  Extraer o importante.
  3.  Conectar.
  4.  Intercambiar.
  5.  Formalizar.

2. Motivación.

3. Conectar cousas aparentemente sen relación.

4. Facerte preguntas e saír da zona de confort.

5. Empatizar e traballar o sentido do humor.

  • Aprender novas técnicas creativas.
  • Ilustrar a partir de datos e conceptos.
  • Desenvolver unha publicación en Instagram con liña editorial clara e persoal.

DOCENTE: JAVIRROYO

Javirroyo é un artista e ilustrador que colabora en diferentes medios. Debuxou varios libros sobre creatividade e feminismo: Life is Sho, Homo Machus, Laborachismo e Debuxo, logo penso son os máis recentes. Premio Graffica 2020. En 2021, lanzou a súa primeira colección de NFTs, Talking Heads, conectando a arte e o social. Embajador español de Positively Men da UNESCO. Premio Home Progresista 2023 polo seu compromiso coa igualdade.

“A miña paixón é escribir con palabras, esquemas e debuxos. O obxectivo é contar cousas usando todo o que teñas arredor para mostrar aquilo que quero. Nos meus debuxos gústame falar da morte, do sexo, do amor, das amizades e das relacións humanas. Ás veces dérivome a temas de actualidade, que ao final tamén son falar de amor e desamor, de traizóns, vinganzas ou, en definitiva, de relacións humanas.”

DESTINATARIAS

Este curso está dirixido a calquera persoa interesada en expresarse a través de diagramas, ilustracións e palabras. Non se requiren coñecementos previos de debuxo de ningún tipo.

NECESIDADES

Non é necesario levar roupa especial o primeiro día, estar cómodxs sempre é o ideal, pero non é necesario roupa de deporte nin nada diso, roupa normal, ao gusto do consumidor, da roupa en cámara tamén falaremos.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: