
IMPRESIÓN SOLAR: CLOROTIPIA

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
PROTOCOLO COVID-19 UNITARIA
-Desinfección de mans á entrada e saída de clases.
-Máscara obrigatora durante toda a clase.
-Tes que traer a túa propia esterilla ou material para o obradoiro.
-Hidroxeles a tutiplén.
-Hai purificadores de aire nas dúas salas.
-Control de CO2 en PPM (partículas por millón) e así controlar a renovación de aire.
DESCRICIÓN
Introdución á técnica do clorotipo. Realizaremos impresións solares sobre follas de árbores a partir das nosas propias ilustracións ou fotografías impresas en positivo en láminas de acetato.
PROGRAMA
-Historia da clorotipia.
-Explicación do proceso.
-Obras de artistas relevantes.
-Materiais.
-Impresión solar sobre follas previamente recollidas.
-Fixación.
DOCENTE: Laura Montes
Aprendín a debuxar antes de aprender a falar, e creo que esa é a razón pola que me expreso mellor debuxando que doutra maneira.
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca na especialidade de Pintura. Despois de experimentar con todas as disciplinas artísticas, actualmente estou centrada na ilustración, na que me gusta considerarme unha especie de intérprete, convertendo textos en imaxes. Apasioname o cine e a lectura, porque me encanta que me conten boas historias, así que atopei na ilustración unha forma de contar as miñas propias historias a través dos meus debuxos.
Libros publicados:
-Shuwa-Shuwa. Autoeditado por M&M&m&m Lamri-Shigematsu. 2021. Francia.
-Unha noite con ela. Larrad Edicións. 2020. España.
-El Edificio e outros 13 relatos de desencuentros coa realidade. Autoeditado. 2020. España.
-Hamdi mi amigo del desierto. Editorial CCS. España.
Exposicións:
-Salón Internacional de Ilustración Editorial ‘BABALUNGA I KAMOLONGOS’ (Colectivo) CCCC Centre do Carme. Sala 0, Valencia. Decembro 2020.
-La Mujer Barbuda (Colectivo) La Cámara Roja, Murcia. Decembro 2020.
-El Edificio (Individual) Coco Café, Valladolid. febreiro 2020.
-XII Encontro Internacional de Ilustración de S. Joao da Madeira (Colectivo) Torre da Oliva, Portugal. Outubro 2019.
-BIISA (Colectivo) II Bienal Internacional de Illustração Solidária de Ajudaris. Portugal. Maio 2019.
-XI Encontro Internacional de Ilustración de San João de Madeira (Colectivo). Oliva Creative Factory, Portugal. Novembro 2018.
-El Recuerdo (Colectivo) Valladolid Ilustrado. LAVA, Valladolid. Xuño 2018.
Premios e recoñecementos:
-Campiona dos premios APIM Ilustración 2019.
-Subcampiona do XII Encontro Internacional de Ilustración de S. Joao da Madeira 2019.
-Campiona do Premio Internacional Tragaluz de Ilustración 2019.
-Subcampiona da II Bienal Internacional de Illustração Solidária de Ajudaris 2019.
-Subcampiona do XI Encontro Internacional de Ilustración de S. Joao da Madeira 2018.
-Campiona do IV Encontro Internacional de Ilustración ‘Vilustrado’ 2018.
DESTINATARIAS
Calquera adulto que teña interese nesta técnica. Non é necesario un coñecemento previo, só o desexo de experimentar e divertirse.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
O obradoiro inclúe todo o material necesario para elaborar clorotipias:
– Follas.
– Placas de goma Eva.
– Alicates de sujeción.
– Glicerina.
– Bicarbonato de sodio.
– Sulfato de cobre.
NECESIDADES
Alicates ou pinzas de sujeción.
E unha ou máis fotocopias dunha foto ou ilustración feita en papel acetato do tamaño da tableta que van levar.
Tes que traer un marco de fotos con tablilla de madeira e vidro. O importante non é tanto o marco, senón a madeira/cartolina dura e o vidro que adoita levar.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.