CREACIÓN DE IMAXES E VÍDEOS CON INTELIXENCIA ARTIFICIAL

  • Impartido por: United Unknown

  • Duración: 6 horas

  • Horario: sábado de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h

  • N.º de prazas: 20

  • Cuota de inscrición:

    • Early bird (ata o 15 de outubro): 135 €

    • Prezo xeral (do 16 de outubro ao 15 de novembro): 160 €

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Datas: 15 de novembro de 2025

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

O obradoiro impartido por United Unknown explorará a xeración de imaxes e vídeos mediante intelixencia artificial (IA). Amosaranse numerosos exemplos de creacións que abranguen diversos campos e estilos creativos, desde imaxes fotorrealistas ata arte abstracta, pasando por retratos, videoclips musicais e vídeos deepfake de humor. Veremos os distintos modelos e plataformas que permiten xerar imaxes e vídeos, como funcionan e as súas principais diferenzas.

Analizaremos os pros e contras dos xeradores máis coñecidos: Midjourney, ChatGPT e Sora, Nano Banana, Kling, Higgsfield, Wan e Google Veo, entre outros. Ensinaranse diferentes ferramentas empregadas na edición de imaxes, vídeos e audios mediante IA, como Photoshop, Runway, Pixverse ou Sync.

Debateranse tamén os desafíos éticos e as implicacións prácticas de utilizar a intelixencia artificial na produción audiovisual, as novas tendencias, as últimas novidades e as súas futuras aplicacións. Non se requiren coñecementos previos en IA, pero espérase que as persoas participantes teñan interese na exploración de novas tecnoloxías creativas.

PROGRAMA

Presentación – 1h

  • A traxectoria de United Unknown, antes e despois de incorporar IA.

  • Casos de IA destacados. Exemplos de imaxes xeradas con IA.

Introdución á IA xerativa de imaxes – 2h

  • Que é a IA xerativa?

  • Que é e como funciona un modelo de difusión que xera imaxes e vídeo?

  • Que é e como funciona un modelo GAN que xera deepfakes?

  • Que é un modelo multimodal? Exemplo de traballo con ChatGPT e Nano Banana.

  • Diferenzas, pros e contras dos modelos xeradores.

  • Ferramentas para a xeración e edición de imaxes: xeración en directo.

  • Adestrar un modelo propio en liña.

  • Outras ferramentas: IA dentro de Adobe Photoshop, Magnific,…

Introdución á IA xerativa de vídeos – 2,5h

  • Casos de IA destacados. Exemplos de vídeos xerados con IA.

  • Ferramentas para a xeración e edición de vídeo en liña: Runway, Kling, Higgsfield, Sora, etc.

  • Outras ferramentas: audio e lipsync.

Debate aberto sobre o uso da IA, dereitos de autor, ética dos modelos – 30 min

DOCENTE: UNITED UNKNOWN

Guerrilla visual, creadores de vídeos e imaxes, especializados en humor e sátira política.

United Unknown é un colectivo fundado en 2010, que utiliza o activismo visual e a sátira política como arma de subversión masiva.

No ámbito audiovisual, combinamos técnicas clásicas de edición con Photoshop, After Effects, Premiere, etc. coas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías. Desde 2019, integramos a intelixencia artificial no noso fluxo de traballo: desde o uso de software de deepfakes e creación de modelos GAN, ata o reentrenamento de modelos para a xeración de imaxes por IA.

Esta combinación permítenos crear proxectos únicos, cunha linguaxe visual que evoluciona entre a artesanía dixital e a experimentación algorítmica.

Colaboramos en proxectos gráficos e audiovisuais para Amnistía Internacional, Greenpeace, Fundació Arrels, CCCB, El Terrat, Mediapro, Movistar+, RTVE, TV3, Atresmedia, Relevo Deportes, Premios Ondas, La2 de Televisión Española, Revista Mongolia, Espazo Tangente, e en programas de televisión como Late Motiv de Andreu Buenafuente, Futuro Imperfecto, Showriano, Locomundo, APM?, El día después e Expediente Pérez.

www.unitedunknown.com

Instagram

Facebook

Bluesky

DESTINATARIAS

Este curso está dirixido a calquera persoa interesada na xeración de imaxes con IA. Non se precisan coñecementos previos en IA, pero agárdase que as persoas participantes teñan interese pola exploración de novas tecnoloxías creativas.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: