FAI A TÚA PÁXINA WEB. INICIACIÓN AO DESEÑO WEB.

  • Impartido por: Iago Casal (paxinarte.gal)

  • Duración: 18h (6 sesións de 3 horas cada unha)

  • Horario: martes de 16:00 a 19:00

  • N.º de prazas: 10

  • Cuota de inscrición: 180€

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Data: do martes 24 de febreiro ao martes 31 de marzo 

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Curso de iniciación ao deseño web destinado a profesionais que desexen ter uns coñecementos mínimos para poder xestionar por si mesmos a súa propia páxina web, a cal elaborarán durante a formación.

PROGRAMA

  • Hosting, dominio e outras ferramentas esenciais en deseño web.
  • Posicionamento web e Google Search Console.
  • Optimización de imaxes e creación de estrutura web (logotipo, cores e identidade corporativa).
  • Emprego do constructor web.
  • Revisión do proxecto web e lanzamento.

DOCENTE

Iago Casal, fundador de paxinarte.gal, empresa compostelana de deseño web con máis de 10 anos de experiencia e con dedicación especial ao coidado estético e artístico.

DESTINATARIAS

Este curso vai destinado a todas as profesionais que desexen contar cunha web propia e que á vez buscan poder xestionar o seu espazo web por elas mesmas.

Esta formación está especialmente pensada para profesións de carácter artístico, onde é necesario contar cunha páxina web cun gran coidado estético.

Durante o curso as propias alumnas irán creando a súa web, de xeito que ao finalizar a formación xa dispoñan da súa propia páxina, a cal tamén aprenderán a xestionar.

NECESIDADES

  • Portátil
  • Todo o temario estará dispoñible para as alumnas dende o primeiro día en formato dixital.

Cancelación por parte do alumnado:

– Para cursos continuos (como ioga, pilates, coro, etc.), a cancelación debe realizarse como mínimo 15 días antes do inicio do mes seguinte. Así evitamos que se reserve unha praza para alguén que non vai continuar e podemos organizar os grupos mellor.

– A anulación do curso debe solicitarse por escrito, enviando un correo a queroaprender@escolaunitaria.com ou facéndoo presencialmente en Unitaria.

– En cursos ou obradoiros puntuais, as cancelacións poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.

– Unha vez comezado o curso/obradoiro/evento, non se devolverá o importe abonado, independentemente da causa de abandono.

– O prazo estimado para facer a devolución (nos casos que corresponda) será de 24 a 48 horas desde a notificación por parte de Unitaria.

Cancelación por parte de Unitaria:

Unitaria resérvase o dereito de suspender ou modificar datas e horarios de calquera curso, obradoiro ou evento se non se acada o número mínimo de persoas inscritas. Neste caso, comunicarase con antelación e indicarase a forma de devolución íntegra do importe.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: