LINGUA DE SIGNOS

  • Impartido por: Laura Valladares

  • Nivel: Inciación ou Intermedio

  • Horario:

    Martes NIVEL INICIACIÓN: 16:30 a 18:00

    Luns NIVEL INTERMEDIO: 16:30 a 18:00

  • N.º de prazas: 10

  • Prezo: 120 € (Podes pagar en 3 cuotas de 40eur)

  • Datas: do 1-2 de abril ao 24-25 de xuño de 2024

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

O obxectivo do obradoiro é eliminar barreiras de comunicación e mellorar a calidade das persoas xordas, sensibilizando sobre a comunidade xorda e a súa cultura. Adquirirás capacidade para comprender e utilizar expresións cotiás. Lingua de signos española.

PROGRAMA INICIACIÓN

1.1 Contenidos gramaticais

• Substantivo
• Adxectivo
• Posesivos
• Números
• Pronomes interrogativos
• Verbo
• Oración
• Adverbios
• Clasificadores
• Fonoloxía

1.2 Contenidos léxicos

• A persoa e as relacións personais.
• Educación e traballo.
• Ocio e viaxes.
• Organización política, social, económica.

1.3 Contenidos socioculturais

Identificación personal: o signo personal.
Concepción das persoas xordas e a súa diversidade social: discapacidade e minoría lingüística, heteroxeneidade social.
Diversidade lingüística da lingua de signos española.
Formas de chamar as persoas xordas para avisos ou iniciar unha conversa.
A importancia do contacto visual entre interlocutores e as condicións espaciais.
Convencións sociais básicas (por exemplo, o aplauso).

1.4 Contenidos pragmáticos

• Pedir información.
• Expresar opinións, actitudes e coñecementos.
• Expresar gustos, desexos e sentimentos.
• Influir no interlocutor.
• Relacionarse socialmente.
• Estructuración, construcción e interpretación do discurso.

PROGRAMA INTERMEDIO

1.1 Contenidos gramaticais

• Adxectivos.
• Posesivos
• Números
• Pronomes interrogativos
• Verbo
• Oración
• Uso de clasificadores
• Uso do espazo

1.2 Contenidos léxicos

• Educación e profesións.
• Accións cotidianas, verbos.
• Comidas e bebidas.
• Ocio e viaxes.
• Organización das cidades e das vivendas.

1.3 Contenidos socioculturais

• Concepción das persoas xordas e a súa diversidade social: discapacidade e minoría lingüística, heteroxeneidade social.
• Diversidade lingüística da lingua de signos española.

1.4 Contenidos pragmáticos

• Describir situacións.
• Expresión facial.
• Expresar gustos, sentimentos e coñecementos.
• Influir no interlocutor.
• Relacionarse socialmente.
• Estructuración, construcción e interpretación do discurso.

*PAGO

Estimado/a estudante,

Estamos encantados de que te mostres interesado/a no noso curso. Queremos informarche sobre a posibilidade de pagar en tres cómodos prazos.

O custo total do curso é de 120 euros. Para axudarte no proceso de pago, ofrecemos a opción de fraccionar o importe en tres prazos de 40 euros cada un. Poderás realizar os pagamentos segundo a seguinte programación:

  1. Primeiro Prazo: 40 euros ao inscribirte.
  2. Segundo Prazo: 40 euros ao comezo do segundo mes.
  3. Terceiro Prazo: 40 euros ao comezo do terceiro mes.

Destacamos que, se decides abandonar o curso a medio percorrido, deberás aboar o importe total restante.

Agradecemos a túa comprensión e estamos dispoñibles para resolver calquera dúbida que poidas ter.

DOCENTE: LAURA VALLADARES

Eu son Laura, Intérprete de Lingua de Signos Española e Guía Intérprete de Persoas Sordocegas. Nos anos 2014-2015 cursei o ciclo superior de Interpretación de Lingua de Signos no CIFP Ánxel Casal Monte Alto, en A Coruña.

DESTINATARIAS

Todas as persoas interesadas en aprender este idioma

NECESIDADES

Necesario traer o que uses para tomar notas (libreta, portátil, tableta…), pero sobre todo: MOITAS GANAS DE APRENDER.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: