
EDICIÓN DE VÍDEO CON PREMIERE
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
PROTOCOLO COVID-19 UNITARIA
-Desinfección de mans á entrada e saída de clases.
-Máscara obrigatora durante toda a clase.
-Tes que traer a túa propia esterilla ou material para o obradoiro.
-Hidroxeles a tutiplén.
-Hai purificadores de aire nas dúas salas.
-Control de CO2 en PPM (partículas por millón) e así controlar a renovación de aire.
DESCRICIÓN
Iniciación á edición de video con Premiere Pro CC, os mellores consellos e trucos para ter un video en poucos minutos, con material profesional para que cada clase poidas practicar. Desenvolvemento de proxecto documental/artístico persoal
PROGRAMA
Clase 1:
Introdución á terminoloxía relacionada co video (codecs, formatos,resolucións,fps).
Formulación de proxecto documental creativo (cada alumno deberá recompilar/gravar material, facer storyboard, para desenvolver o seu propio video)
Clase 2:
Presentación da interface do programa.
Settings.
Desenvolvemento de cada parte da interface e primeiras probas de importación do material.
Como arranxar material offline
Proxecto persoal: Concept board, ideas, temas a transmitir, como transmitilos, elección de estilo e formato. Presentación de temas en clase.
Clase 3:
Axustes de interface e organizar o material.
Chequear e axustar a configuración de audio.
Creación do primeiro corte. Afinar o corte
Cubrir con recursos.
Engadir música e facer un balance de audio.
Proxecto persoal: Realizar o storyboard/escaleta
Clase 4:
Engadir transicións de imaxe e audio.
Axustar parámetros de movemento.
Introdución á animación por keyframes.
Proxecto persoal: recompilar/gravar material (raccord visual, sonoro)
Clase 5:
Animar un clip usando keyframes.
Engadir efectos prácticos
Proxecto persoal: recompilar/gravar material
Clase 6:
Engadir efectos a multiples clips, máscaras e trackings.
Engadir títulos básicos e chyrons.
Proxecto persoal: documentación con textos a incluír/creditos/información escrita
Clase 7:
Engadir créditos en scroll
Corrección de cor.
Clase 8:
Corrección de cor creativa.
Exportar a película.
Resolución de dúbidas e tutoría persoal para desenvolvemento de video propio.
Clase 9:
Opcións extras de exportación,
Proxecto persoal: ordenar todo o material, importar, creación do primeiro corte.
Clase 10:
Xornada de traballo propia na que os alumnos aplicasen todo o visto no curso para realizar o seu propio video documental creativo.
Clase 11:
Consellos e regras de compresión.
Xornada de traballo. Postproduccion de audio de cada proxecto persoal.
Clase 12:
Xornada de traballo. Postproducción de cor de cada proxecto persoal.
Export e upload a redes sociais.
DOCENTE: Raquel Enriquez Castro
O meu campo de acción é a postproducción, motion graphics e VFX. Logo de 10 anos traballando en Barcelona, volvo a Galicia coa ilusión do primeiro día. Traballei en 2 películas como Junior Composer e en centos de proxectos audiovisuales aportando a miña experiencia no campo da postproducción.
https://www.linkedin.com/in/raquelenriquezcastro/
https://www.youtube.com/channel/UCnOKG3uDxxe3nqWs_AK_7sw?view_as=public
https://vimeo.com/raquelenriquez
DESTINATARIAS
Curso dirixido a persoas interesadas en desenvolver as habilidades e destrezas necesarias para poder editar os seus propios videos, ou dedicarse de xeito profesional a iso. Non fai falta ter coñecementos previos. Apto para todas as idades a partir de 16 anos.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
O nececesario para realizar as clases prácticas (arquivos de video e proxectos de premiere pro cc, coidado porque versións anteriores do premiere non valerán).
NECESIDADES
Deberás asistir co teu ordenador e o programa Premiere pro cc 2015 ou superior instalado.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.