
ANGÉLICA & ROBERTA. 10 ANOS NON SON NADA
DESCRICIÓN
Despois de dez anos sen saber nada de Angélica e Roberta chegounos unha mensaxe desde o buraco negro onde crearon o seu novo fogar.
Que lles pasaría durante todo este tempo? Serán nais dalgún fillo dun músico morto aos 27 anos? Descubrirían o segredo da eterna xuventude? Aprenderían a facer macramé? Ou seguirán sendo as mesmas loosers de sempre, pero en múltiples dimensións?
Se queres descubrilo vén á festa de “Angélica y Roberta, 10 anos non son nada” na Escola Unitaria (onde senón). Proxectarase por primeira vez o capítulo especial gravado para conmemorar os dez anos da mítica webserie, contaremos con dj. Jimmy Roger dos Santos e dj Ninguén de Ningures para botar uns bailes, photocall, sobres sorpresa, piscolabis… e quizais estean as propias rapazas por alí e parte do equipo da serie.
PROGRAMA
- 13:00 h. Sesión vermú con DJ. Jimmy Roger dos Santos
- 14:00 h. Presentación e proxección do capítulo especial de Angélica y Roberta “ Si yo soy un poco tú entonces tú eres un poco yo” coa presencia de membros do equipo.
- 15:30 PISCOLABIS e sesión DJ. Jimmy Roger dos Santos
- 16:30- 18:00 Sesión DJ Ninguén de Ningures
A tope de amor sideral!!