
CALA, E DÉIXAME BAILAR
DESCRICIÓN
Cantas veces o dixeches? “Cala, e déixame bailar”, pois eso, por fin un espazo destinado a que non che coman a orella e che deixen bailar.
O día 30 de xuño, coincidindo cas Festas do Barrio de San Pedro queremos crear espazo onde a música e baile sexan máis importantes que o blablablá.
Tamén é unha festa encuberta que imos gravar para logo subir ao yutub. Pero non había xeito de explicarllo ao ChatGTP, así que é mellor escribilo cas nosas mans…
Eso sí, esto non funciona sen as colabos que axudan a Unitaria a facer estas sesións, tanto artistas como outras asociación e demáis redes están a botarnos máis de un cable para que cales e deixes bailar dunha vez. Así que queremos agradecer a estas IMPRESCINDIBLES colaboracións: BOMBO A NEGRAS, LA MELONA, DJ MIL de WAX DJ, NINGÚN DJ, ELSA PEREIRA, ÁLEX DÍAZ, 3SX3S0, BLUEMOUSE, EL HOMBRE VIL,. PV3000, YURAQ WALLA … e esperamos que moitas outras artistas máis únanese a un evento que esperamos repetir!
Bicos & Dancins.
Unitaria
PROGRAMA
18:00 3SX3S0
19:15 NINGÚN DJ + ÁLEX DÍAZ
20:30 CHE GUEPARDO
